Iván Pérez: “Estamos ante un ano catastrófico cos lumes en Galicia e o peor pode estar por chegar”
Estamos vivindo a peor vaga de incendios da historia

Vermú con SER - Iván Pérez: “Estamos ante un ano catastrófico cos lumes en Galicia e o peor pode estar por chegar” (08/09/2025)
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Hoxe falamos dos incendios con Iván Pérez, un experto na materia porque o vive a diario. É bombeiro forestal na BRIF Laza e ademais, Iván é o 50% de Savia Nova, que é un proxecto audiovisual que mostra as virtudes e os problemas do monte galego facendo una labor pedagóxica dende as súas redes sociais.
Segundo os datos ofrecidos polo Goberno de España, o Sistema de Información de Incendios Forestais da Comisión Europea de Copernicus, contabilizou que a superficie queimada durante o mes de agosto ascendeu a un 43 %, o que se traduce en 143.628 hectáreas. En total foron 336.345 hectáreas foron as que arderon en España durante agosto, segundo estes mesmos datos.
con Iván Pérez falamos da función dos bombeiros forestais nos terribles incendios que sobre todo tiveron lugar na provincia de Ourense, pero tamén dos incendios da costa, que non foron tan graves como os do interior, se van ter consecuencias importantes. Como se actúa ao chegar aos incendios; como se van tomando as decisións; como se traballa cos medios aéreos son cuestións que se tratan nesta entrevista.
A maiores, tamén quedan reflectidas as terribles consecuencias destes incendios no medio natural e na sociedade.
E isto non é un colofón. É unha chamada de atención porque a tempada de incendios non terminou coa chegada das choivas a finais de agosto. De feito, nas últimas horas declarouse un incendio en Carballeda de Valdeorras, en Casaio. O lume fixo temer o peor porque as condicións do vento facían que os labores de extinción fosen moi difíciles chegando a queimar 850 hectáreas máis.

Ramón Mella
(Pontevedra, 1973) Locutor, redactor y jefe de informativos y deportes en Radio Pontevedra. Máster en...




