Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O perfil do turista da Costa da Morte en 2025: coche, hotel e estadías curtas

A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas revela que o visitante tipo do faro Vilán ten entre 35 e 65 anos, viaxa en familia e busca ocio, cultura e natureza

A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas (AEPT) deu a coñecer os resultados da súa enquisa anual sobre o perfil do turista da Costa da Morte, realizada entre os visitantes do faro Vilán ao longo de 2025. O proxecto, iniciado en 2016, busca coñecer con detalle os hábitos e preferencias das persoas que se achegan a este enclave emblemático.

Durante este ano contabilizáronse 9.272 visitantes, o que eleva a 485.964 o número total de persoas que pasaron polo faro desde que a AEPT iniciou a recollida de datos.

O estudo revela que case a metade dos turistas teñen entre 35 e 65 anos e que a opción máis habitual é viaxar en familia. O 83% chega en coche, mentres que o hotel é o tipo de aloxamento máis utilizado. En canto á duración da viaxe, un 34% permanece entre dous e catro días na Costa da Morte.

O ocio, a cultura, a natureza, o deporte e o Camiño dos Faros son os principais motivos que atraen a quen visita a zona. A maior parte chega por recomendacións de amigos ou coñecidos, e apenas se empregan redes sociais, aplicacións turísticas ou códigos QR para compartir a experiencia.

Entre os aspectos máis valorados destacan a paisaxe, a xente, o entorno, a tranquilidade e a gastronomía. Pola contra, entre as críticas máis repetidas figuran o vento do nordés, a brétema, o estado dalgunhas estradas, os incendios forestais e a escasa información en inglés.

Os visitantes tamén fixeron suxestións de mellora, como permitir subir á torre do faro, organizar visitas guiadas semellantes ás da Torre de Hércules, manter o espazo afastado de masificacións, potenciar o transporte público entre pobos, conservar mellor o faro, ofrecer demostracións en directo de palilleiras e ampliar a oferta de comida vexetariana nos locais hostaleiros.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir