Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O proxecto do campo de slalom de Dumbría segue paralizado logo dunha década pola inacción da Xunta

A Federación Galega de Piragüismo denuncia ante a Valedora do Pobo a discriminación institucional que sofre este deporte e reclama a activación inmediata dun proxecto estratéxico para Galicia

A Federación Galega de Piragüismo presentou unha queixa formal ante a Valedoa do Pobo de Galicia para denunciar a paralización indefinida do Campo de Slalom de O Couquiño, en Dumbría, unha infraestrutura considerada estratéxica para a tecnificación da modalidade olímpica de augas bravas.

O proxecto foi presentado no ano 2013 co apoio da Xunta de Galicia, do Concello de Dumbría e da empresa Ferroatlántica, actualmente XEAL. Mesmo chegou a ser incluído na planificación oficial da Secretaría Xeral para o Deporte, así como nos plans da federación galega e da Real Federación Española de Piragüismo. Máis dunha década despois, segue sen licenza, sen execución e sen asignación orzamentaria, malia ser viable tanto técnica como ambientalmente.

Segundo a federación, esta parálise constitúe unha omisión grave da Xunta, que noutros deportes promove centros de tecnificación mentres deixa sen un só tramo de 150 metros homologados ao slalom galego. “Os nosos deportistas, que veñen de acadar medallas olímpicas e internacionais de maneira continuada, están obrigados a adestrar en Portugal para poder manter o seu nivel competitivo”, critican.

A queixa institucional presentada á Valedora do Pobo enmarca o caso de Dumbría dentro dun trato discriminatorio estrutural ao piragüismo federado en Galicia, con proxectos bloqueados, exceso de burocracia e exclusión dos plans de ordenación do territorio e das augas públicas.

Desde a Federación reclaman á Xunta que active de inmediato o proxecto de Dumbría, que integre o piragüismo na planificación de infraestruturas deportivas fluviais e que garanta o dereito recoñecido constitucionalmente a practicar deporte en igualdade de condicións.

“Non pedimos privilexios, pedimos o mínimo para que Galicia non perda talento nin oportunidades: un tramo de río seguro, homologado e digno para que a nosa mocidade poida adestrar aquí, na súa terra”, conclúe a Federación.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir