As familias de Cee continuarán movilizándose contra os recortes de profesorado de apoio
A Xunta ábrese a estudar o caso la liña Fisterra-Cee onde cada día os usuarios vense obrigados a ir de pé no bus por falta de prazas


Este venres as familias do colexio Vila de Cee concentrárose diante co colexio contra os recortes en educación esixindo a asignación de un profesor especialista en Psicoloxía terapéutica (PT).

José Manuel Mira
Nun dos institutos ceense, o Agra de Raices, tamén esixen máis persoal. Aseguran que este ano as necesidades para o alumnado NEAE triplicáronse e esixen que que se incremente de forma proporcional os recursos.
Con esta situación reclaman 4PT máis horas de AL, 2 coidadores e reforzo en orientación.
Dende a ANPA do instituto aseguran que varias familias estudan cos avogados a posibilidade de denunciar “unha situación insostible que se repite ano tras ano e que volneran as leis de atención á diversidadee os dereitos básicos dos seus fillos e fillas”.
Mentres a familia de Hugo segue loitando para que poida empezar o curso. Hugo ten oito anos, os seus problemas de saúde obrigan a que conte coa atención dun profesional médico de maneira continuada na clase. Logo das queixas da familia a Xunta anunciou que iniciaba os tramites para asignarlle unha enfermeira, agora, segundo conta a nai de Hugo, Inés Ramos, a consellería de educación non dispon de enfermeira en lista de agarda e terá que acudir ás listas do SERGAS ou a SEPI. Esta situación retrasará aínda máis o inicio das clases para Hugo.
Hai outro asunto que está dificultando o inicio de curso a parte do alumnado da zona, concretamente o de secundaria de Fisterra que cada día debe coller o bus para estudar nos institutos de Cee. Como xa aconteceu en cursos anteriores, estanse vendo obrigados a viaxar de pé no corredor do bus por falta de prazas. Aínda que se trata dun vehículo homologado para este tipo de traslados, polo que na práctica a situación é legal, as familias traladáronlle ao alcalde a preocupación ante a falta de seguridade que supón viaxar nestas condicións por unha estrada comarcal con velocidades que poden chegar aos 80km/h.

José Manuel Mira
O alcalde de Fisterra, Luís Insua, comprometeuse coas familias a traballar para cambiar a situación, o vindeiro luns 15 un técnico da Xunta estará na Vila do Cristo para poder aportar a mellor solución.




