Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Concello de Mos inicia o proceso para rescindir o contrato do SAF

O consistorio traballa na tramitación dun novo contrato que incorpore as melloras que a empresa actual non cumpriu

La alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo (centro), durante un pleno municipal.

La alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo (centro), durante un pleno municipal.(Concello de Mos)

La alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo (centro), durante un pleno municipal.

O Concello de Mos iniciou o expediente para a rescisión do contrato coa empresa que xestiona o SAF, tras detectar un elevado número de deficiencias e incumprimentos na prestación deste servizo esencial. A decisión, adoptada na Xunta de Goberno local, busca garantir un servizo de calidade para os veciños e veciñas do municipio.

A medida foi tomada despois de que a administración local constatase "múltiples incidencias" desde a adxudicación do contrato o pasado mes de abril, cun valor anual de 1.592.178 euros. Entre as carencias detectadas atópanse a excesiva rotación do persoal auxiliar, a demora en trámites e xestións, o incumprimento de horarios de atención e deficiencias na organización do servizo. Tamén se rexistraron erros de facturación e incumprimentos relacionados con recursos humanos e materiais.

Novo contrato con melloras

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, subliñaron que a principal prioridade é asegurar a continuidade da atención e o coidado das persoas usuarias, garantindo que o servizo se axuste ás súas necesidades e aos estándares de calidade que merece a cidadanía.

O Concello xa está a traballar na tramitación dun novo contrato que incorpore as melloras que a empresa actual non cumpriu. Entre estas melloras destacan a limitación da rotación de auxiliares, a zonificación do persoal, o acompañamento a citas médicas para usuarios sen rede familiar e a dotación completa de medios técnicos para o persoal.

A decisión de rescindir o contrato será elevada ao próximo Pleno para a súa ratificación, co obxectivo de pór en marcha canto antes un servizo máis eficiente e adaptado ás necesidades reais dos usuarios do Servizo de Axuda no Fogar.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir