Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Pedro Blanco reivindica en Vimianzo o papel de Suelo Empresarial do Atlántico no impulso industrial de Galicia

O Delegado do Goberno salienta que os polígonos xestionados por SEA permitiron crear 3.000 empregos e que máis de 40.000 empresas galegas recibiron apoio do Plan de Recuperación

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou este luns o parque empresarial de Vimianzo, onde destacou a aposta do Executivo polo tecido produtivo e o desenvolvemento económico da Comunidade. “Poñemos á disposición das empresas o que necesitan para asentarse, innovar e crecer, porque cando medra unha empresa, medra Galicia”, afirmou.

Blanco estivo acompañado pola alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, pola xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, e por representantes empresariais da zona. Durante o acto, puxo en valor o labor de SEA, cuxos polígonos industriais lograron impulsar a creación de 3.000 empregos en Galicia desde 2019. “Falamos de familias con futuro, da mocidade que pode desenvolver aquí o seu proxecto vital e de territorios que gañan dinamismo”, subliñou.

O delegado recordou que SEA “recuperou a súa actividade promotora” e que actualmente están en marcha actuacións en polígonos como os de A Laracha ou Monforte, ademais de convenios asinados en concellos como Cuntis. En total, hai máis de quince proxectos previstos, con investimentos millonarios para dinamizar parques empresariais en distintos puntos do país.

Outro dos piares sinalados por Pedro Blanco foi o Plan de Recuperación, que xa mobilizou máis de 800 millóns de euros en Galicia a través de axudas a máis de 40.000 empresas e pemes. Un apoio que, segundo dixo, permite que os proxectos empresariais “pasen do papel á realidade” e que contribúe a construír “un país mellor, cheo de oportunidades e futuro”.

Durante a súa visita, o delegado inaugurou tamén o primeiro dos trece monólitos que se instalarán en polígonos galegos de referencia. No caso de Vimianzo, considerouno un recoñecemento ao traballo feito para consolidar a Costa da Morte como comarca industrial e con igualdade de oportunidades. “O Goberno dinamiza como nunca territorios que antes quedaran esquecidos”, concluíu Blanco, quen agradeceu á alcaldesa o seu compromiso constante co desenvolvemento local.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir