Pontevedra acollerá a Gran Final das Series Mundiais do 2026 entre o 23 e o 27 de setembro
As Finais do Campionato representan o cumio do calendario anual de World Triathlon
La ciudad de Torremolinos será el escenario, del 17 al 20 de octubre, de la cita más importante del triatlón a nivel Mundial, la Gran Final de las Series Mundiales / Kike Abelleira
World Triathlon ven de anunciar as datas das Finais do Campionato do Mundo de Tríatlon 2026 de Pontevedra. A semana de celebración do tríatlon comezará o mércores 23 de setembro de 2026 co Desfile das Nacións e a Cerimonia de Apertura, e culminará o domingo 27 de setembro coa coroación dos Campións do Mundo de Elite.
As Finais do Campionato representan o cumio do calendario anual de World Triathlon, coroando campións do mundo en diversas categorías. Este prestixioso evento abrangue os campionatos do mundo de Élite, Sub-23, Xuvenís, Paratríatlon e Grupos de Idade, tanto en distancia sprint coma estándar, así como Aquabike, ademais dos campionatos do mundo de relevos mixtos para Sub-23/Xuvenís, Paratríatlon e Grupos de Idade.
“Estamos moi orgullosos de volver a Pontevedra para as Finais do Campionato 2026”, afirmou o presidente de World Triathlon, Antonio Arimany. “Pontevedra, cidade natal do cinco veces campión do mundo e lenda do tríatlon Javi Gómez Noya, sempre foi unha cidade que apoia o tríatlon con entusiasmo. Estamos convencidos de que Pontevedra volverá acoller un evento espectacular, coa cidade enteira arroupando aos triatletas e creando unha experiencia inesquecible para todas as persoas implicadas.”
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Lores, declarou: “Pontevedra ten unha relación excepcional co deporte, especialmente co tríatlon. Faremos todo o que estea nas nosas mans para que esta sexa a mellor Final do Campionato do Mundo de Tríatlon da historia. Pontevedra está preparada, ten capacidade e, unha vez máis, estou convencido, seremos referencia na organización de grandes eventos deportivos.”