"Sempre queremos por en valor o noso patrimonio, no só é festa"
Falamos do Festival Pedra que enche de actividades culturais gratuítas o noso rural do Val de Ourense

Entrevista sobre o Festival Pedra.
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Ourense.
A edición do 2025, conta con máis programación musical e teatral que nunca, sen renunciar ás actividades en torno á arqueoloxía e ao patrimonio inmateral que xa son a marca diferencial de Pedra.
Unha edición na que se reivindica a figura do asociacionismo que programa cultura dende o rural. Por iso, está mañá pasaba por o noso estudio Ramón Puga, no magazine Hoy por Hoy, o coordinador do proxecto, o investigador e padroeiro da Fundación Otero Pedrayo, Óscar Penín. Acompañándoo representantes de organizacións culturais do rural participantes nesta edición. Pablo Sabucedo e Ana Lorenzo; da Asociación de Amigos do Patrimonio de Toén; Manuel Fernández Pérez, de Loiro na Memoria e Andrea Lorenzo do Teleclube de Toubes.
Pedra desenvolverase ata o sábado día 20. Esta fin de semana ubicarase en Trasalba con concertos e unha sesión de arqueoastronomía dende o Pazo, entre o máis destacado.




