Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Deputación da Coruña inviste 1,2 millóns na renovación da travesía de Ponte do Porto

A segunda fase das obras, cun orzamento de 695.000 euros, supuxo a mellora de 400 metros da estrada DP-1603 e da praza de San Roque

A estrada provincial DP-1603 ao seu paso por Ponte do Porto, entre os concellos de Camariñas e Vimianzo, conta xa cun novo tramo renovado tras as obras impulsadas pola Deputación da Coruña. O proxecto, cun investimento de 694.957 euros nesta segunda fase, mellorou 400 metros.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, inspeccionou a actuación acompañado da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, da alcaldesa de Vimianzo e deputada de Vías e Obras, Mónica Rodríguez, así como doutros cargos e veciñanza.

Os traballos incluíron a construción de beirarrúas de formigón, reposición do paseo marítimo, renovación integral do firme da estrada, mellora do drenaxe, nova iluminación, restauración da varanda e instalación de mobiliario urbano. Ademais, a praza de San Roque foi integramente remodelada cun enlousado de pedra e a recuperación da súa fonte.

Esta intervención dálle continuidade á primeira fase, centrada na ponte e nos primeiros 300 metros da senda, cun investimento de 500.000 euros. En conxunto, ambas fases suman xa preto de 1,2 millóns de euros.

Durante o acto, Formoso anunciou que a Deputación ten xa redactado o proxecto da terceira fase, que se desenvolverá integramente no municipio de Vimianzo e permitirá prolongar a actuación ata Cereixo. “Melloramos a seguridade viaria e a accesibilidade, pero tamén respectamos a identidade do lugar”, afirmou.

A alcaldesa de Camariñas destacou o “cambio de cara total” para Ponte do Porto e agradeceu o apoio provincial, lembrando tamén que proximamente se iniciarán outras obras financiadas polo Plan Único, como a mellora da Xunqueira, Liñares ou o asfaltado no Allo.

Con esta terceira fase, a Deputación prevé culminar a transformación integral da travesía, un espazo clave para a mobilidade e a vida social e económica da zona.

Insúa anunciou outras obras nas que están traballando como a mellora da estrada a Camelle ou o cambio de cespede do campo de Fútbol da Grixa.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir