O Bergantiños recibe neste serán ao Estradense coa Copa no horizonte
Eliminatoria a partido único para seguir soñando con xogar contra un equipo de Primeira


Carballo
Bergantiños e Estradense enfróntanse esta noite buscando un posto no bombo da Copa, unha participación no torneo do KO que traería de novo a un equipo da elite a As Eiroas. É o penúltimo paso para crer nese soño, xa que en caso de eliminar aos pontevedreses, o Bergan tería que superar outro cruce co gañador do Ourense-Zamora.
O Estradense desputou a campaña pasada a fase de ascenso a Segunda Federación, logo de rematar a liga no segundo posto. Nesta tempada volve a partir coma un dos favoritos ao ascenso. Nos carballeses estará xa a disposición de Simón Lamas Dani Onya, mediocampista nixeriano, procedente do Rangers Internacional. De feito en carballo inda confían en poder incorporar a algún outro xogador procedente deste conxunto.




