Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Carballo espera 15 millóns de Euros de Fondos Europeos para continuar coa transformación urbanística

Esta semana o concello organiza unha gran cantidade de actividades con motivo da Semana Europea da Mobilidade

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Vivindo a Costa da Morte (18/09/2025)

00:00:0001:19:07
Descargar

Radio Nordés emitiu hoxe o programa Vivindo a Costa da Morte en directo dende o Mercado Municipal de Carballo con motivo da Semana Europea de Mobilidade.

No transcurso do programa coñecemos as actividades previstas para os vindeiros días, con andainas, rutas en bici, exposicións e a celebración do día sen coches o vindeiro domingo. Juan Seoane, concelleiro de mobilidade, insistiu na responsabilidade individual para avanzar nunha mobilidade máis sostible e animou a utilizar menos o coche no día a día.

Pola súa banda, Xaime Díaz, autor do libro “Carballo, guía ilustrada de arquitectura” falou de arquitectura e historia adiantando algúns dos contidos da ruta prevista para esta tarde de xoves, facendo un repaso histórico dende a fundación do concello.

Como en outras ocasión a asociación Integro colabora co concello nesta conmemoración organizando unha xincana para demostrar a necesidade de ter rúas adaptadas e accesibles para as persoas con mobilidade reducida. Noelia barreira, directora de Integro, recordou a necesidade de que ademais dos concellos, as empresas deben mellorar a sensibilidade coas persoas con discapacidades adaptando as entradas e os interiores dos locais para facilitarlles o acceso.

Tamén pasou polos micrófonos de Radio Nordés Marcos Periscal, usuario habitual de bicicleta, que lle pediu ao goberno local máis zonas de aparcamento para bicis.

O programa pechouno o alcalde, Evencio Ferrero recordou que están pendentes dunha subvención europea, dos fondos EDIL (Estratexias de Desenvolvemento Integrado Local) para continuar coa transformación urbanística. Entre os proxectos que dependen desa axuda están o novo edificio para entidades sociais, o novo auditorio, a remodelación do entorno do edificio e a praza do concello ou a unión verde do IES Parga Pondal e o casco urbano.

Ferrero quixo tamén valorar a boa relación actual da administración local con Xunta e deputación, o que permite poñer en marcha moitos dos proxectos previstos polo goberno carballés.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir