Carballo espera 15 millóns de Euros de Fondos Europeos para continuar coa transformación urbanística
Esta semana o concello organiza unha gran cantidade de actividades con motivo da Semana Europea da Mobilidade
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Vivindo a Costa da Morte (18/09/2025)
Radio Nordés emitiu hoxe o programa Vivindo a Costa da Morte en directo dende o Mercado Municipal de Carballo con motivo da Semana Europea de Mobilidade.
No transcurso do programa coñecemos as actividades previstas para os vindeiros días, con andainas, rutas en bici, exposicións e a celebración do día sen coches o vindeiro domingo. Juan Seoane, concelleiro de mobilidade, insistiu na responsabilidade individual para avanzar nunha mobilidade máis sostible e animou a utilizar menos o coche no día a día.
Pola súa banda, Xaime Díaz, autor do libro “Carballo, guía ilustrada de arquitectura” falou de arquitectura e historia adiantando algúns dos contidos da ruta prevista para esta tarde de xoves, facendo un repaso histórico dende a fundación do concello.
Como en outras ocasión a asociación Integro colabora co concello nesta conmemoración organizando unha xincana para demostrar a necesidade de ter rúas adaptadas e accesibles para as persoas con mobilidade reducida. Noelia barreira, directora de Integro, recordou a necesidade de que ademais dos concellos, as empresas deben mellorar a sensibilidade coas persoas con discapacidades adaptando as entradas e os interiores dos locais para facilitarlles o acceso.
Tamén pasou polos micrófonos de Radio Nordés Marcos Periscal, usuario habitual de bicicleta, que lle pediu ao goberno local máis zonas de aparcamento para bicis.
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarO programa pechouno o alcalde, Evencio Ferrero recordou que están pendentes dunha subvención europea, dos fondos EDIL (Estratexias de Desenvolvemento Integrado Local) para continuar coa transformación urbanística. Entre os proxectos que dependen desa axuda están o novo edificio para entidades sociais, o novo auditorio, a remodelación do entorno do edificio e a praza do concello ou a unión verde do IES Parga Pondal e o casco urbano.
Ferrero quixo tamén valorar a boa relación actual da administración local con Xunta e deputación, o que permite poñer en marcha moitos dos proxectos previstos polo goberno carballés.




