Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

'Sen respecto non hai xogo': Radio Lugo organiza unha xornada pioneira para educar no respecto a través do deporte

A SER reafirma o seu compromiso coa promoción de iniciativas que construen unha sociedade máis inclusiva cun evento dirixido a escolares

Cartel 'Sen respecto non hai xogo' Lugo

Cartel 'Sen respecto non hai xogo' Lugo

Lugo

Este venres 26 de setembro, o Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo converterase nun espazo de aprendizaxe, diversión e valores coa celebración da primeira edición de 'Sen respecto non hai xogo', unha iniciativa promovida por Radio Lugo Cadena SER e que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A xornada, que se desenvolverá entre as 10:00 e as 14:00 horas, reunirá a máis de 600 nenos e nenas de distintos colexios e institutos da cidade, nun encontro que busca concienciar á mocidade sobre a importancia do respecto, tanto no deporte como na vida cotiá, a través de actividades lúdicas e didácticas.

O programa inclúe unha ampla variedade de propostas: xogos guiados por psicólogas, contacontos, xogos de rol con especialistas, e mesmo unha exhibición de freestyle inclusivo, que promete sorprender e emocionar.

Ademais, celebraranse mesas redondas con representantes de clubs deportivos de referencia na provincia, como o Breogán, Ensino, Burela FS, CD Lugo e Castro FS, así como árbitros e árbitras de baloncesto e fútbol, que compartirán experiencias e reflexións sobre o papel do respecto na práctica deportiva.

A xornada estará dirixida pola xornalista desta casa Sara Meijide e será tamén a antesala do 'I Torneo 3x3 Seijo Silvosa', que terá lugar o sábado 27 nas pistas exteriores do Pazo dos Deportes.

Este torneo busca render homenaxe a dúas figuras fundamentais na historia da emisora e da cidade, e marca o inicio da programación especial polo 90 aniversario de Radio Lugo, unha celebración que se prolongará nos vindeiros meses con diversas actividades.

'Sen respecto non hai xogo' nace coa vocación de converterse nun referente educativo e social, apostando por unha fórmula innovadora que mestura deporte, cultura e valores.

Con esta dobre cita, a radio de refenrencia na provincia reafirma o seu compromiso coa comunidade e coa promoción de iniciativas que construen unha sociedade máis xusta, inclusiva e respectuosa. Porque, como reza o lema do evento, 'Sen respecto, non hai xogo'.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir