Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O CEIP Milladoiro de Malpica recibe o I Premio Na lingua que eu falo da Real Academia Galega

O galardón recoñece o labor do centro a prol do galego entre a infancia coincidindo coa celebración do Día Europeo das Linguas

A RAG concede ao CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños o primeiro Premio Na lingua que eu falo, creado para distinguir proxectos que promovan a lingua entre nenos e nenas. O centro malpicán foi recoñecido polo seu traballo continuado en favor da normalización lingüística e como referente dunha comarca con elevados niveis de transmisión interxeracional do galego.

Un galardón que se coñece coincidindo coa celebración do Día Europeo das Linguas, o venres 26 de setembro, data na que a RAG aproveita para reclamar maior compromiso coa diversidade lingüística en Europa e a plena oficialidade do galego nas institucións comunitarias.

O presidente da RAG, Henrique Monteagudo reclama que “O galego debe ter o mesmo recoñecemento que outras linguas no seo da UE”. Pola súa parte, a académica María López Sández lembra que expresarse na nosa lingua é un acto de autoestima e tamén de solidariedade coas demais linguas do mundo.

A escritora e académica Fina Casalderrey, responsable do proxecto Primavera das Letras, destaca que co premio “queremos proxectar a lingua cara ao futuro, recoñecendo o exemplo do CEIP Milladoiro, onde o galego se aprende, se usa e se ama, sen prexuízos nin complexos”.

O centro leva anos desenvolvendo iniciativas como a radio escolar Radio Balea, proxectos audiovisuais (DichoLeo), de banda deseñada (Galicómic) ou dicionarios propios, sempre co galego como ferramenta creativa e de cohesión social.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir