“Áurea Domínguez e Luis Insua son unha decepción como políticos e como persoas”
Fuanfran Martínez carga contra todo e contra todos asegurando que os anteriores gobernos de Fisterra foron un niño de corrupción
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Entrevista a Juanfran Martínez (25/09/2025)
O impulsor da candidatura de Alternativa dos Veciños en Fisterra, Juanfran Martínez, cargou duramente contra tódoslos partidos que pasaron polo goberno municipal nos últimos mandatos —PP, PSOE-BNG e AV—, aos que acusa de ter convertido o Concello nun “niño de corrupción”.
Martínez, fillo do concelleiro tránsfuga Tito Martínez, foi quen marcou a liña política de AV ao inicio do actual mandato, ata a súa ruptura coa alcaldesa Áurea Domínguez. Ese enfrontamento acabou coa expulsión do tenente de alcalde, tras votar contra os orzamentos municipais e coa apertura de expediente á propia rexedora no partido, que se pechou sen sanción.
Juanfran Martínez asegura que a situación do arquitecto municipal é ilegal e suxire que alcaldes anteriores, como Pepe Marcote (PSOE), puideron a sacar un beneficio particular da situación. Tamén cuestiona contratos de mantemento de instalacións municipais e defende que “o único do lado da legalidade” é o seu pai.
Os Martínez apoiaron a moción de censura que levou á alcaldía ao popular Luis Insua. Entre as condicións postas, reclamaban que Tito Martínez ocupase a tenencia de alcaldía, algo que finalmente non se cumpriu.
Agora, advirte de que o apoio do concelleiro tránsfuga ao novo goberno dependerá do cumprimento dos 22 puntos asinados na moción, entre eles a aprobación da RPT, cuxo prazo “está a piques de rematar”. Ademais, avanzou que Tito Martínez votará en contra do salario do alcalde.




