Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

En marcha o deseño do novo auditorio de Xinzo e a renovación integral do campo da feira

O proxecto será elixido pola cidadanía do municipio

O Concello de Xinzo traballa xa no mellora do campo da feira

O Concello de Xinzo traballa xa no mellora do campo da feira

O Concello de Xinzo de Limia activa, xunto ao centro universitario CESUGA, o deseño de dous proxectos que, segundo o goberno local, "marcarán un antes e un despois no corazón da vila": o novo Auditorio de Xinzo e a reurbanización integral do campo da feira.

Nestes días, 25 persoas do alumnado e 3 docentes do último ano de Arquitectura estiveron en Xinzo realizando traballo de campo como medicións, lectura do territorio, entrevistas e análise de usos.

O obxectivo é coñecer en profundidade o ámbito de intervención para deseñar proxectos maduros e executables. O encargo abrangue, ademais do auditorio multiusos, a renovación completa do conxunto feiral: a rehabilitación do antigo edificio da venda de gando, a posta ao día dos almacéns e a reordenación das zonas de restauración ligadas ás feiras. Todo baixo dous principios irrenunciables: accesibilidade universal e boa organización da mobilidade, garantindo itinerarios cómodos e seguros e unha convivencia harmónica cos usos tradicionais.

Como complemento, o equipo académico abordará tamén unha aula de interpretación na contorna do mosteiro de Trandeiras, co ánimo de conectar patrimonio, territorio e cultura, e ampliar o mapa de oportunidades turísticas de Xinzo.

Ao remate do curso, as propostas presentaranse publicamente en Xinzo e abrirase un proceso de votación veciñal para que a cidadanía coñeza, compare e elixa. A proposta elixida será a que se faga realidade, activando así, con decisión e consenso social, os primeiros pasos do auditorio de Xinzo e da nova vida do campo da feira.

O alcalde, Amador Díaz, resume o espírito desta iniciativa: “Falamos dunha demanda histórica e dun soño compartido: Xinzo pon en marcha, por fin, o camiño cara ao seu auditorio e a recuperación dun espazo central para a cultura, a convivencia e o orgullo de vila”.

O traballo académico está coordinado polo profesorado de CESUGA —Alberto Alonso Oro e Borja López Cotelo— baixo a dirección da responsable do Grao, Silvia Blanco Agüeira. Para enriquecer o proceso, o alumnado contou con asesoramento de especialistas coñecedores de Xinzo e da Limia: o arquitecto Manuel Seoane, o historiador Edelmiro Martínez e o escultor Xosé Lois Carreira, cuxas achegas axudan a ancorar as propostas ao contexto urbano, social e patrimonial do municipio.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir