Máis de 600 nenos e nenas da provincia exclaman 'Sen respecto non hai xogo'
Radio Lugo Cadena SER organiza, en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo, un evento para promocionar a igualdade e a tolerancia no deporte

Hoy por hoy Lugo: Especial 'Sen respecto non hai xogo'
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Lugo
O auditorio Fuxan os Ventos de Lugo encheuse con máis de 600 nenos e nenas que asistiron ao programa especial 'Sen respecto non hai xogo' organizado por Radio Lugo Cadena SER, en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A cita arrincaba cun obxectivo claro: promover a igualdade e a tolerancia a través do deporte.
A xornada iniciárona as psicólogas Marta Meijide e Jennifer Souto, que explicaron a importancia do respecto sobre todo durante a infancia: "De adultos dicimos 'non me gustan as miñas orellas, as miñas peronas...' Por que? Porque de pequenos se metían con nós".
"Pero se lle preguntamos aos máis cativos", continuou Marta Meijide, "non entenden por que terían que cambiar nada, se todo funciona parefectamente". "Se nos faltan ao respecto, ao noso corpo ou á nosa personalidade, vannos creando eses complexos que chegan tamén ao deporte", concluíu, recordando "calquera corpo é válido para cada tipo de actividade".

Pola súa banda, Jennifer Souto presentou o respecto como "unha ferramenta moi poderosa" que "nos fai máis fortes, máis empáticos" e que nos ensina "a defender sen atacar". Para levalo á práctica, pedíronlles aos nenos e nenas que se puxesen en pé se pensaban que "tratándonos con respecto podemos cambiar as cousas". Todos se levantaron: "Cando vos poñedes en pé estades dicindo: 'Eu tamén quero respectar ao outro'".

Primeira edición de 'Sen respecto non hai xogo' na provincia de Lugo, no auditorio Fuxan os Ventos.

Primeira edición de 'Sen respecto non hai xogo' na provincia de Lugo, no auditorio Fuxan os Ventos.
O valor da empatía
Os nenos e nenas que acudiron ao 'Sen respecto non hai xogo' puideron coñecer a historia de Julio. Tras ter problemas de drogadicción rematou na cárcere. Alí atopou no baloncesto unha vía de escape. A día de hoxe, conta, escoita como a xente o insulta, e pide empatía: "Hay que respectar á xente, dá igual que teña as orellas grandes ou pequenas; que sexa máis guapo ou máis feo; branco, negro ou chino".
Yosua Barja subiu ao escenario do auditorio Fuxan os Ventos para rachar cos estereotipos que aínda se vinculan ao rap ou ao freestyle. "Non é todo violencia gratuita, como pensan algúns", asegurou. As batallas de galos sempre rematan cun abrazo, porque para el "hay algo fundamental, tanto no rap coma no deporte" que é que se pode competir co rival dende o respecto.
"Unha ensinanza esencial para min é que cada un ten o seu rol, sexa no freestyle ou no fútbol", explicou, "mentres estás xogando un partido, por exemplo, se es central tes un papel e tes que cumprilo, pero ao que remata a competición pode ser que sexas mellor amigo do teu contrincante".
Que é para ti o respecto?
Os propios cativos e cativas asistentes puideron expresar as súas reflexións a través das redaccións que escribiron respondendo á pregunta: que é para ti o respecto?
"Para min o respecto é aceptar aos demais como son, sen intentar cambialos nin xulgalos", reflexionaron. Tamén "non excluir a ninguén polas súaa deicisións, a súa forma de pensar, o seu aspecto físico". Consideraron imprescindible o respecto "cara o medio ambiente, as plantas e os animais" e, por suposto, "cara un mesmo ou unha mesma".

Primeira edición de 'Sen respecto non hai xogo' na provincia de Lugo, no auditorio Fuxan os Ventos.

Primeira edición de 'Sen respecto non hai xogo' na provincia de Lugo, no auditorio Fuxan os Ventos.
Un dos que levou máis aplausos foi David, que subía ler a súa redacción nunha cadeira de rodas. "Para min o respecto é que me traten coma calquera outro neno ou nena", proclamou.
Aprender dos máis novos
O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsable provincial da Área de Deportes, Efrén Castro, sentou diante dos micrófonos de Radio Lugo Cadena SER para reflexionar sobre o papel das institucións na promoción da tolerancia e a igualdade entre os máis mozos. Cre que "hoxe en día ao mundo dixital e ás redes sociais é difícil poñerlles coto", e que "aínda que tamén trouxeron moitas cousas boas, contribúen a amplificar problemas como o bullying". Opina que o traballo das institucións é "poñer atención a iso e pechar esas vías".
Ve no deporte unha certamente para a educación na empatía e na responsabilidades cos actos propios. Dende a experiencia persoal, conta que lle permitiu dotarse "de valores". Por iso pensa que "debemos ir da man dos máis novos e ensinarlles a usar o deporte para formalos na vida, e non para o malo".
O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, considera que son os adultos "quen moitas veces tiñamos que aprender dos nenos e das nenas, que nos dan leccións coa súa forma de ver a vida". Pon como exemplo o que sucede ás veces nas gradas dos campos de fútbol: "Cando berramos cousas que non debemos a un rapaz ou rapaza que está xogando non gañamos estámolo marcando", reflexiona.

Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, e Rubén Arroxo, tenente alcalde do Concello de Lugo, xunto con Sara Meijide no 'Sen respecto non hay xogo'.

Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, e Rubén Arroxo, tenente alcalde do Concello de Lugo, xunto con Sara Meijide no 'Sen respecto non hay xogo'.




