Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Reclaman máis transporte público para o alumnado da educación non obligatoria da Costa da Morte

Óscar Insua acusa á Xunta de desatender as necesidades dos estudantes de bacharelato e ciclos formativos: “Son as familias quen teñen que buscar solucións, é unha vergoña”

Arriva

O deputado do BNG pola Costa da Morte, Óscar Insua, presentou no Parlamento galego varias iniciativas para que a Xunta cree novas liñas de transporte público que dean cobertura ao alumnado de ensinanzas non obrigatorias. O obxectivo é adaptar os horarios dos autobuses ás entradas e saídas dos institutos da comarca, unha demanda que, segundo o nacionalista, leva anos sen resposta.

Insua denuncia que, unha vez máis, o comezo do curso trouxo os mesmos problemas: estudantes de bacharelato e ciclos formativos seguen sen contar con servizos de transporte axeitados, sendo o autobús o único medio público dispoñible. A situación afecta a centros como o IES Terra de Soneira (Vimianzo), IES Maximino Romero de Lema (Baio), IES Agra de Raíces e IES Fernando Blanco (Cee).

O deputado sinala casos concretos como o do alumnado de Camariñas que acode a Vimianzo: o bus dispoñible sae ás 6:27 horas, moito antes do comezo das clases, e a volta pola tarde non se axusta ao horario lectivo. Tamén lembra que estudantes de Cee, Baio ou Ponteceso carece directamente de liñas regulares desde Camariñas, o que obriga ás familias a usar vehículos particulares.

Outros exemplos son os estudantes de Carnota, que non teñen parada diante do IES Fernando Blanco e deben camiñar ata o IES Agra de Raíces, ou os rapaces de Fisterra, que sofren falta de prazas nos autobuses. “Mesmo a inspectora de mobilidade puido comprobar como quedaban alumnos nas paradas porque non había sitio”, advertiu o BNG.

A formación lembra que os horarios de transporte tampouco coinciden cos das aulas —de mañá e de tarde, segundo se trate de bacharelato ou ciclos formativos—, o que tamén prexudica o alumnado de Muxía e Mazaricos.

O único que piden os estudantes é ter un autobús que lles permita chegar en hora á clase e volver á casa cando acaben. Non parece unha demanda imposible de atender”, concluíu Insua, que reclama á Xunta un incremento urxente dos servizos na Costa da Morte.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir