Comezan as obras de limpeza da facahda do Hospital de Cee
Os traballos, que se prolongarán durante cinco meses, incluen fachadas, terrazas e cubertas e chegan tras repetidas queixas pola falta de mantemento

Hospital da Costa da Morte en Cee / Cedida

Este luns deron comezo as obras de conservación e limpeza das fachadas do Hospital Público de Cee, unha actuación, que se estenderá durante un máximo de cinco meses, afectará a unha superficie de algo máis de 10.500 metros cadrados. O proxecto abrangue tanto as fachadas como as terrazas, cubertas e o muro exterior do centro, dependente do Servizo Galego de Saúde.
Os traballos desenvolveranse en varias fases e inclúen a limpeza das superficies mediante auga a presión e deterxentes neutros, a aplicación de funxicidas específicos, a eliminación de eflorescencias salinas e a reposición de xuntas deterioradas. Tamén se contempla a utilización de produtos hidrofugantes, o tratamento anticorrosivo en elementos metálicos e a consolidación das terrazas, con retirada de vexetación invasiva e selado de puntos vulnerables. As cubertas e baixantes serán igualmente revisadas de xeito exhaustivo.
Nos últimos casos as críticas e peticións para que se realizase eta obra foron numerosas, posto que as deficiencias no mantemento afectan á imaxe do hospital e mesmo poden supoñer un problema para a saúde dos usuarios.




