Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Evencio Ferrero: "Marcho pensando no mellor para Carballo"

Amósase orgulloso da transformación experimentada na vila. Confía plenamente no seu sucesor, Daniel Pérez

Evencio Ferrero comparecía acompañado polos compañeiros da corporación municipal.

Evencio Ferrero comparecía acompañado polos compañeiros da corporación municipal.

Carballo

Evencio Ferrero presentou esta mañán no rexistro a súa renuncia á alcaldía de Carballo e á súa acta como concelleiro. A saída será oficial nun pleno extraordinario convocado para este sábado, na que será a súa última intervención como alcalde logo de 22 anos co bastón de mando. "Marcho pensando no mellor para Carballo. É preciso cambiar cousas para que todo siga mellorando" asegurou.

O aínda alcalde quixo amosar o seu agradecemento a todos os traballadores municipais "por demostrar co seu traballo exemplar que foron leais colaboradores, facilitando a xestión do día e participar na xestión de Carballo". A do pleno extraordinario deste sábado "será a miña última intervención no pleno para agradecer a todos os compañeiros e compañeiras do goberno municipal, a todas as persoas da organización que confiaron neste proxecto, ao persoal municipal e aos grupos municipais por facer do debate no Concello de Carballo un debate constructivo en base ao respeto, e confianza".

Onte foi un día onde se sucederon as asembleas para adoptar a decisión da remuda á fronte da alcaldía. Un acordo adoptado "por unanimidade nos consellos local e comarcal" explicou o aínda alcalde. A primeira persoa a quen lle confesou as súas intencións foi á voceira nacional do BNG, Ana Pontón. "Había opción de esgotar o mandato e presentarme ás próximas eleccións pero plantexei outra hipótese que é a que adoptamos". Unha decisión que non lle custou asumir. "Acabo de cumprir 70 anos, que non son poucos, e dende que empecei no 1979 pasaron 46 anos. Pensamos que era o momento de botarse ao lado e que haxa un relevo. Daniel Pérez, cando tome posesión, terá os mesmos anos que cando tomei eu posesión como alcalde".

Ferrero pon punto e final a unha traxectoria politica que deixa como principal legado "a transformación que se leva facendo en Carballo. Ao mellor pásanos como coa familia, que aos nenos os ven cambiar máis os que veñen de fóra que os que os vemos no día a día".

Primeiras reaccións

Para Ana Pontón, Evencio Ferrero "é o mellor alcalde da historia de Carballo", aportavoz nacional do BNG anunciou que o sábado estará en Carballo para asistir ao pleno arroupando ao rexedor sainte. Pontón engadíu que Ferrero "gobernou sempre dende o compromiso, a humildade, a dedicación sen descanso e desde o amor por Carballo e por Galiza" o seu legado é o da "recuperación do orgullo de ser de Carballo, facendo da súa vila un lugar con mellora calidade de vida".

Dende a oposicón, o voceiro do PP carballés, Rubén Lorenzo, recordou que na campaña xa adiantaran que Ferrero non ía rematar o mandato, engadíu que "vai cambiar a persoa que goberne, pero non cambiarán as políticas do BNG", asegurando que o proxecto do BNG carballés "está esgotado" e rematou engadindo que "o tempo dirá se é unha boa decisión".

Pola súa banda Maricarmen Vila, portavoz do PSOE, agradece o traballo do rexedor. Pide que Dani Pérez renuncie á sua acta e deputado. asegura tamén que o goberno carballés ten un proxecto esgotado, 4 anos fallidos dun relevo xeracional, sen presión política.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir