Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Vigo acolle a estrea española de O agente secreto, o filme que representará a Brasil nos Óscar

Do 7 ao 11 de outubro celébrase en Vigo Pontes, a mostra de cinema galego e lusófono que chega á súa quinta edición con novo nome

Wagner Moura e Kleber Mendonca / ANDREAS BECKER (EFE)

Wagner Moura e Kleber Mendonca

Vigo

Do 7 ao 11 de outubro Vigo convértese de novo na capital do cinema galego e lusófono coa quinta edición de Pontes. O ciclo, que ata agora se coñecía como Ponte coa Lusofonía, medra este ano en programación: serán 16 filmes, o dobre que en 2024, de Galicia, Portugal, Brasil e Moçambique; con cinco estreas en España e catro en Galicia. A entrada é de balde a todas as proxeccións.

A mostra propón unha viaxe pola cinematografía contemporánea de Galicia, Portugal, Brasil e Mozambique, proxectando filmes que veñen de pasar polos principais festivais internacionais. O obxectivo é tender pontes culturais a través do cinema e achegar ao público galego as novas narrativas que están a marcar a creación audiovisual nos países de lingua portuguesa.

O prato forte desta edición é a estrea nacional de O Agente secreto (2025), do director brasileiro Kleber Mendonça Filho, un dos grandes nomes do cinema mundial actual. O filme, elixido para representar a Brasil nos Óscar 2026, non chegará ás salas comerciais de España ata xaneiro, mais poderá verse por primeira vez dentro da programación do ciclo Pontes. O director brasileiro é recoñecido internacionalmente por títulos como Aquarius ou Bacurau e a súa nova obra chega avalada polo éxito no Festival de Cannes, onde foi premiada con Mellor director e Mellor Actor (Wagner Moura).

Ademais desta gran estrea, Pontes ofrecerá outros quince filmes durante cinco días: doce curtametraxes e tres longametraxes. O festival abrirase coa portuguesa A Bela América (2023), de António Ferreira, unha mestura de thriller e comedia negra coa campaña electoral como pano de fondo. Proxectarase tamén Prefiro condenarme (2024), documental de Margarita Ledo que conta a loita dunha muller condenada por adulterio contra a hipocrisía social na Galicia dos setenta; e O ancoradouro do tempo (2023), de Sol de Carvalho, que chega desde Mozambique cun relato sobre xustiza e memoria nun asilo situado nunha antiga cidade colonial.

Martes, 7 de outubro ás 19:00h | MARCO

  • A Bela América (António Ferreira, Portugal, 2023) – Ficción. *Estrea en Galicia

Mércores, 8 de outubro ás 19:00 | Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

  • Bloque de curtas Ventura
  • Cordão de prata (Getulio Ribeiro, Brasil, 2025) – Ficción. *Estrea en Galicia.
  • Caly (Alcy Caluamba, Mozambique, 2024) – Ficción. *Estrea en España.
  • Un can galego (Isis Acea, Galicia, 2025) – Ficción.
  • Tempo de sorrir (Jonas Amarante, Portugal, 2025) – Documental. *Estrea en Galicia.

Xoves 9 de outubro ás 17:30h | MARCO

  • Bloque de curtas Saudade
  • Talvez o vento saiba seu nome (Alexis Müller & Duda Machado, Brasil, 2024) – Ficción. *Estrea en España.
  • Ratiña (Alicia Úbeda, Galicia, 2025) – Ficción..
  • Nur Sultan (Xoan Escudero, Galicia, 2025) – Documental. *Estrea en España.
  • Silvio Modesto, confidências de um sambista (Lucas Fazzio, Brasil, 2024) – Documental. *Estrea en España.
  • 19:00 – Prefiro condenarme (Margarita Ledo, Galicia, 2024) – Documental.

Venres 10 de outubro ás 19:00h | Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo

  • O ancoradouro do tempo (Sol de Carvalho, Mozambique, 2023) – Ficción.*Estrea en Galicia.

Sábado 11 de outubro ás 17:30 | MARCO

  • Bloque de curtas Lembranças
  • Vândalos (Melchior Ferreira, Mozambique, 2024) – Ficción. *Estrea internacional.
  • Recordos asolagados (David Vázquez, Galicia, 2024) – Documental.
  • O Pássaro de Dentro (Laura Anahory, Portugal, 2024) – Animación. *Estrea en España.
  • Curmán (Alejandro Jato, Portugal, 2025) – Ficción.

Sábado 11 de outubro ás 19:40 | Cines Tamberlick

  • O Agente secreto (Kleber Mendonça Filho, Brasil, 2025) – Ficción. *Estrea en España.
 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir