Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Camariñas activa a primeira fase do Museo dos Naufraxios coa apertura da Sala ‘Beti Donosti’

Solicitará á Deputación unha subvención de 330.000 euros para rehabilitar a Lonxa Vella e conservar un edificio de gran valor sentimental para o municipio

O Concello de Camariñas levará, este martes 7 de outubro, ao pleno extraordinario das 9 da mañá a aprobación do proxecto e a solicitude dunha nova subvención á Deputación da Coruña para executar a primeira fase do futuro Museo dos Naufraxios. Esta primeira actuación permitirá abrir ao público a Sala de Exposicións ‘Beti Donosti’, recuperando parte do histórico edificio da Lonxa Vella.

O investimento total ascende a 430.000 euros, dos cales 330.000 serán achegados pola Deputación —o 76,7% do orzamento— e o resto será asumido polo Concello. A axuda debe solicitarse de novo, tras a modificación do proxecto inicial aprobado en 2022, despois de que un informe recomendase o derrubamento do inmoble. O goberno local decidiu manter a aposta pola rehabilitación debido ao alto valor simbólico e patrimonial do edificio, demostrando que a súa estrutura permite a recuperación.

O proxecto prevé reparar e consolidar os elementos estruturais da Lonxa Vella, executar unha nova envolvente exterior e acondicionar a planta baixa para acoller a Sala ‘Beti Donosti’. Nela disporanse servizos e un espazo expositivo de uso público, comunicados a través dunha zona común con acceso desde o exterior.

Nesta primeira fase non se intervirá na planta alta, máis aló da demolición de escaleiras e tabiques interiores. A segunda fase centrará os traballos no acondicionamento interior e museográfico do Museo dos Naufraxios, completando a recuperación integral dun edificio que forma parte da identidade mariñeira de Camariñas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir