Sociedad

O Concello de Pontevedra proxectará este mércoles a película “Antes de Nós” no Teatro Principal

A pesar de que se trata dunha actividade relacionada cos Premios Feroz, tamén se enmarca na programación do Ano Castelao, que terá otras tres citas ao longo do mes de outubro

O Concello de Pontevedra proxectará en exclusiva a película "Antes de Nós", adicada a vida de Daniel Rodríguez Castelao. Este evento, enmarcado na programación da Concellaría de Promoción da Cidade, que xestiona Anabel Gulías e como complemento da programación dos Premios Feroz, celebrarase este mércores 8 de outubro ás 19:30 horas, no Teatro Principal. A apertura de portas será ás 18:30 horas e a entrada será libre e de balde ata completar capacidade.

A xornada contará ademais cunha intervención especial da actriz protagonista, Cristina Iglesias, quen compartirá co público as súas experiencias e visións sobre o proxecto.

"Antes de Nós" é unha longametraxe de ficción dirixida por Ángeles Huerta que nos mergulla na vida de Castelao antes de converterse na figura pública, explorando a súa faceta máis íntima xunto a Virxinia. A película tece dúas historias: a súa experiencia como médico en Rianxo durante a gripe española en 1918 e a viaxe da parella por Bretaña en 1929, poucos meses despois da perda do seu fillo. É unha historia de separación e reencontro, de crecemento persoal e artístico, e da configuración da identidade galega a través dos ollos dos seus protagonistas.

Tres novas actividades no ciclo do Ano Castelao

O Ateneo de Pontevedra, en colaboración co Concello de Pontevedra organiza este mes de outubro un ciclo de actividades arredor da figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, no 75 aniversario do seu falecemento.

- O mércores 8 de outubro, ás 19:00 horas no Café Moderno celebrarase a palestra Pontevedra, cidade Castelao, da man de Miguel Anxo Seixas Seoane e Xosé Álvarez.

- O mércores 22 de outubro, ás 19:00 horas no salón de actos do Pazo da Cultura, realizarase un encontro poético-musical da man de Malvela, Uxía Senlle, Mondra, Silvia Penas e Samuel Merino.

- O mércores 29 de outubro ás 19:00 horas, no Café Moderno, Xosé Manoel Núñez Seixas pechará este ciclo coa súa conferencia Os nacionalismos na Guerra Civil española: unha visión integrada.

Todos os actos son de entrada libre ata completar capacidade.

Diego Rodríguez Rosales

Graduado en Periodismo por la Universidad de...