La Ventana de Galicia
Sociedad

A SER celebra o Día das Escritoras cunha edición especial de La Ventana de Galicia

A cita será o luns, 13 de outubro, ás 19:00, no Salón Teatro de Santiago

Santiago de Compostela

A Cadena SER vai celebrar o Día das Escritoras cunha edición especial de La Ventana de Galicia, no Salón Teatro, as 19:00. Xa poden descargarse as entradas gratuitas.

O 13 de outubro celébrase o Día das Escritoras, e propoñemos a emisión dunha edición especial de La Ventana de Galicia de 19.05h a 20.00h na Cadena galega da Cadena SER.

Un programa especial para acercarnos á figura das escritoras na literatura galega, coa reflexión das protagonistas, análise do sector e a participación do conselleiro de cultura.

Neste programa falaremos con Nerea Pallares, xornalista e escritora, autora de Punto de Araña (2025, Ed. Galaxia); María Solar, escritora, xornalista e presentadora; e Laura Rodríguez, editora directora de Hércules de Edicións.

Tamén poderemos conservar co conselleiro de Cultura, José López Camos, sobre o presente e futuro da literatura galega.