“Tes que fichar aos mellores e intentar estar á altura, o de fichar mediocres para destacar non funciona”
Evencio Ferrero seguirá aportando o que poda na política local e no asociacionismo de Carballo, pero aproveitará a xubilación para ler máis e viaxar algo
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Entrevista a Evencio Ferrero(07/10/2025)
O ex alcalde de Carballo, Evencio Ferrero flou esta mañá de martes en Radio Nordés. Ferrero considera excesivas algunhas mostras de agarimo que está recibindo estes días, destacou as palabras dos voceiros da oposicións no último pleno e asegurou non entender o ton político existente no estado nos últimos tempos e agradeceu que en Carballo non sexa así.
Evencio falou dos seus inicios, do mellor e peor momento ao fronte da alcaldía, amosouse orgulloso de deixar o concello saneado economicamente e confirmou que seguirá na política e nos movementos asociativos, asegurou que xa ten algunha oferta.
Nestes primeiros días segue indo polo despacho para ir levando cousas que acumulou nos anos de mandato e para conversar e asesorar a Daniel Pérez, seus substituto,no que el lle pregunta.
Ferrero confía plenamente no equipo que queda, pero tamén seguirá, engadíu, buscando novos talentos para sumar ao equipo do BNG carballés.
Convencido de que marcha no mellor momento para el e para o concello, cun BNG máis forte ca nunca, agora espera ter máis tempo para ler e para viaxar.




