Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Nacen os Premios da Industria Musical de Galicia para pór en valor o sector

A Sala Capitol acollerá a gala de entrega de premios da Asociación Galega de Empresas Musicais

Premios Industria Musical de Galicia

Premios Industria Musical de Galicia

A Asociación Galega de Empresas Musicais vén de impulsar a creación dos primeiros Premios da Industria Musical de Galicia, uns galardóns pioneiros que nacen coa ambición de visibilizar, recoñecer e poñer en valor as traxectorias, proxectos e iniciativas máis destacadas do sector musical galego.

Os premios, que contan co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e da Deputación da Coruña, buscan destacar o compromiso coa creatividade, a innovación, o respecto e a sustentabilidade dentro da profesión.

Un total de 17 categorías e unha gran gala en Compostela

Nesta primeira edición, os Premios da Industria Musical de Galicia outorgarán un total de 17 galardóns, abarcando desde categorías técnicas como Deseño de Iluminación e Implementación de Son ata recoñecementos ao Proxecto de Sustentabilidade, a Identidade Visual ou a Excelencia na Experiencia do Público, esta última por votación popular. Ademais, a Xunta Directiva de AGEM seleccionará o Artista do Ano e a Persoa do Ano.

A posta de largo do proxecto culminará nunha gran gala sectorial que se celebrará a noite do xoves 27 de novembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela. O evento está concibido como un punto de encontro para favorecer a cooperación e a convivencia entre todos os axentes da industria.

Celebrar a madurez e a diversidade da música galega

Os premios enmárcanse no Plan Estratéxico da Industria Musical de Galicia, promovido por AGEM. A súa presidenta, Patricia Hermida, subliñou o significado da iniciativa: "A música galega vive un momento de madurez e diversidade extraordinarias. Os I Premios da Industria Musical de Galicia nacen para celebralo, para agradecer o talento e o compromiso de quen fai posible o seu crecemento, e para recoñecer o valor das persoas e proxectos que converten a nosa industria nun verdadeiro motor cultural e humano para Galicia".

Un xurado independente, formado por profesionais expertos en xornalismo, divulgación, produción e sustentabilidade, será o encargado de seleccionar a maioría dos premiados, buscando destacar as boas prácticas e a contribución ao avance colectivo do sector.

Con esta iniciativa, AGEM, que agrupa empresas ligadas á música ao vivo, á produción e á xestión cultural, reafirma o seu compromiso co obxectivo de acadar un sector máis profesional, recoñecido e sostible.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir