Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O investigado polo atropelo mortal de Cee tiña o permiso retirado no momento do accidente

A xuíza decretou liberdade provisional para o fistrrán e impúsolle medidas cautelares mentres continúa a investigación por tres delitos, terá que comparecer no xulgado cada quince días.

Fran Hermida

A xuíza do Tribunal de Instancia de Corcubión número 2, acordou a posta en liberdade provisional do fisterrá detido polo atropelo mortal dun veciño de Corcubión o pasado martes no concello de Cee, tras darse á fuga.

O detido está investigado por tres delitos, un de homicidio por imprudencia, outro por abandonar o lugar do accidente e un terceiro contra a seguridade viaria por ter retirado o permiso de conducir ao carecer de puntos. A xuíza non puido decretar o seu ingreso en prisión porque a Fiscalía non o solicitou.

Como medidas cautelares, o investigado deberá comparecer no xulgado os días 1 e 15 de cada mes, entregar o pasaporte e non poderá conducir mentres dure o proceso xudicial.

O atropelo produciuse na Avda. Fisterra en Cee, nun paso de peóns onde a vítima perdeu a vida tras ser arroiada por un vehículo que abandonou o lugar sen deterse.

A Unidade de Investigación de Seguridade Viaria (UNIS) do Sector de Tráfico de Galicia desenvolveu un amplo dispositivo para identificar o coche e ao condutor. As probas recollidas no lugar do accidente permitiron localizar o vehículo no domicilio do sospeitoso, en Fisterra, onde se produciu a detención.

A investigación continúa baixo a dirección do xulgado de Corcubión.

Esta tarde de mércores ás cinco e media está prevista a saída do corpo de José Antoni Pombo Graiño, O Joio, dende o tanatorio Bergantiños de Cee para o seu enterro na parroquia de Sta. Leocadia de Frixe.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir