Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Comezan os traballos arqueolóxicos no castelo de Vilar de Barrio

É a maior fortaleza da comarca da Limia

O alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, supervisa o inicio dos traballos arqueolóxicos

O alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde, supervisa o inicio dos traballos arqueolóxicos

Esta semana deron comezo os traballos para continuar coa posta en valor do xacemento arqueolóxico do castelo de San Xoán de Bara, en Vilar de Barrio. Estas obras contan cunha subvención de 30.000 euros da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia e supón un apoio ao traballo que o consistorio vén desenvolvendo nos últimos anos para preservar e divulgar este enclave, con máis de 16 hectáreas de extensión e vestixios que abarcan desde a Idade do Bronce ata a Idade Media, pasando pola Romanización.

Grazas a esta nova achega, poderase continuar coas tarefas de recuperación do sector coñecido como Burato dous Mouros, un espazo cunha grande carga simbólica para a comunidade local e clave na interpretación histórica do xacemento. Esta actuación súmase a outras xa realizadas en anualidades anteriores, como a musealización de varias zonas mediante paneis ilustrativos realizados polo artista Miguel Robledo, así como a creación dun roteiro de sendeirismo de baixa intensidade, sinalizado e especialmente deseñado para o goce de familias.

O obxectivo do Concello de Vilar de Barrio é "seguir avanzando na investigación arqueolóxica e na habilitación do xacemento como un espazo cultural e turístico de referencia, aberto tanto á cidadanía como aos visitantes".

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir