Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Os Premios José Hermida optan a un Ondas na categoría de “mellor idea radiofónica”

O Grupo Radio Pontevedra, que tamén prepara a apertura dun Museo da Radio, presentou a segunda edición destes galardóns ca convocatoria aberta ata o 30 de novembro a través da cal os centros escolares optan a premios de ata 3.000 euros

Día histórico para o Grupo Radio Pontevedra que ven de anunciar a súa candidatura na categoría de “mellor idea radiofónica” dos Premios Ondas polo seu proxecto Premios José Hermida de radio escolar. Este ano, na 72 edición dos Premios Ondas presentáronse 540 candidaturas. A decisión dos 28 membros do xurado darase a coñecer o martes día 28 no programa La Ventana dirixido por Carles Francino.

Hoy por Hoy Pontevedra (09/10/2025)

Hoy por Hoy Pontevedra (09/10/2025)

00:00:0001:22:54
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Esta nova fíxose pública no programa especial Hoy por Hoy Pontevedra-Arosa para a presentación da segunda edición dos Premios para radios escolares a que asistiron o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; os alcaldes de Pontevedra, Vilagarcía e Vilanova de Arousa: Miguel Anxo Fernández Lores, Alberto Varela e Gonzalo Durán; a alcaldesa de Marín, María Ramallo; o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; o director da UNED Pontevedra, Víctor González e o presidente de Sogama, Javier Domínguez, entre outros convidados. Na primeira edición foron máis de 1.500 alumnos de 65 centros educativos de educación primaria y secundaria os que participaron.

Para os obradoiros de radio escolar, a día de hoxe, hai confirmados 74 centros educativos de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP para visitar os estudios de Radio Pontevedra e Radio Arosa e participar nos mesmos. A inscrición para esta segunda edición estará aberta ata o 30 de novembro. O 16 de marzo é a data límite para a entrega dos podcast escolares. Haberá tres premios en cada categoría, dotados con 3.000, 2.000 e 1.000 euros. Ademais dun premio especial outorgado pola Editorial Xerais para podcast de temática literaria.

Os Premios José Hermida nesta segunda edición entregaranse o 8 de maio nunha gala fin de curso que se celebrará no paraninfo na UNED en Monte Porreiro, Pontevedra. O equipo educativo dos obradoiros de radio escolar, encabezado polo xornalista Alfonso González, fará visitas a centros para axudar ao profesorado na montaxe e funcionamento das súas emisoras, formación tanto no apartado técnico, locución e de contidos. Incidirase na concienciación ao alumnado sobre os perigos das noticias falsas e como contrarrestar o seu impacto, cada vez maior, debido as redes sociais.

Museo de Radio Pontevedra

O Grupo Radio Pontevedra prepara outro proxecto moi ambicioso no que esta a traballar: a creación dun Museo, o primeiro da radio en Galicia, que amosará a historia deste medio. Este espazo localizarase nas propias instalacións da emisora nunha zona reformada e adaptada para este proxecto que arestora está en pleno deseño. A intención da dirección do Grupo é telo inaugurado a comezo do ano 2026.

Incluirá información sobre a historia da radio en España, en Galicia e Pontevedra, desde a creación desta emisora en 1932 (EAJ40), a primeira emisora que empezou a emitir en Galicia. O Museo contará con numerosos obxectos que explicarán a evolución técnica da radio, desde unha antiga gravadora de fío, os Révox, as antigas cartucheiras para as cuñas publicitarias, os primeiros micrófonos, as vellas gravadoras, os primeiros móviles… Este Museo é o colofón o proceso educativo que ten en marcha o Grupo Radio Pontevedra co lema EDUCAR PARA SER FUTURO

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir