Alejandro Silva quinto no Europeo
O atleta de Club Ourense Atletismo acada un novo éxito para o deporte galego máster
Alejandro López Silva Club Ourense Atletismo / Cadena SER
Alejandro López Silva rematou quinto no Campionato de Europa Máster que se está a celebrar en Madeira (Portugal). Participou na proba dos 3.000 obstáculos e parou o crono en 10:06.95.
Alejandro estivo metido no grupo cabeceiro ata a parte final da carreira, e quedou finalmente a seis segundos da medalla de bronce que levou o italiano Giovanni Bosio con 10:00.70. A vitoria foi para o alemán David Kiefer con 9:45.23.