Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

“Tiven un bo mestre, a figura de Evencio aínda non se valora o suficiente, terá que pasar un tempo para ver o que significou ”

Daniel Pérez retocará lixeiramente o goberno, dará continuidade aos proxectos e seguirá mantendo o dialogo e a lealdade co resto de administracións.

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Entrevista a Daniel Pérez (14/10/2025)

00:00:0018:53
Descargar

O novo alcalde de Carballo, Daniel Pérez, estivo hoxe no programa Vivindo a Costa da Morte en Radio Nordés. O novo rexedor falou de como foi o seu primeiro día na alcaldía, “foi un día de recibir chamadas, firmar decretos e reunións e de poñernos a traballar para manter a normalidade do día a día para que ub concello funcione”. O rexedor puxo en valor o traballo do seu predecesor, Evencio Ferrero, “O reto que teño é grande, a figura de Evencio aínda non se valora o suficiente, terá que pasar un tempo para ver o que significou, tiven un bo mestre”. Na conversa con Fran Hermida, o alcalde enumerou algunhas das prioridades que se marca ata as próximas eleccións municipais e enmarcounas en dúas liñas, “ás que dependen de nos e as que o fan da colaboración con outras administracións”. Incidiu na necesidade de continuar mantendo unha relación de lealdade e dialogo cos gobernos provincial, autonómico e estatal.

Respecto aos cambios que fará no goberno, estes serán os imprescindibles, o novo concelleiro Daniel Barreiro asumirá as areas de deportes e mocidade, haberá algún mínimo cambio máis.

Daniel Pérez tivo tamén boas palabras para os seus ex compañeiros do Parlamento Galego onde aprendeu moito e deixa algún amigo, dixo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir