Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Preséntase en Vigo 'A ditadura portuguesa contra Castelao' de Antonio Iglesias Mira

Acompañará ao autor Xesús Alonso Montero

Cartel da presentación.

Cartel da presentación.

Vigo

A Libraría Cartabón acollerá o vindeiro mércores 22 de outubro ás 20:00 horas a presentación do libro 'A ditadura portuguesa contra Castelao', da autoría de Antonio Iglesias Mira, publicado por Editorial Galaxia dentro da colección Memoria.

Na presentación participará tamén o catedrático e escritor Xesús Alonso Montero, autor do prólogo da obra, quen acompañará o autor nun diálogo sobre o contido do libro e o contexto histórico no que se inscribe.

A ditadura portuguesa contra Castelao analiza a relación entre o réxime salazarista e a figura do intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, explorando as tensións políticas e ideolóxicas que marcaron as súas estadías en Portugal e o impacto da ditadura veciña na actividade do exilio galego.

O evento, organizado pola Libraría Cartabón (Rúa de Urzaiz, 125) e Editorial Galaxia, enmárcase na celebración do 75 aniversario da editorial, unha das referencias fundamentais da cultura galega contemporánea.

O libro

En 1969 estoura a Crise Académica en Coímbra, que enfronta a estudantes coa ditadura. Meses antes, o director catalán, Ricard Salvat, chegara á cidade universitaria coa tarefa de dirixir o grupo de teatro CITAC.

Comezou entón un traballo que mesturaría as teorías de Bertolt Brecht coa figura de Castelao e a arte de Seoane e Díaz Pardo, nun ambiente tenso, onde a ditadura acabaría por prohibir un espectáculo que pasou a pensarse perdido para sempre.

Recupérase, nestas páxinas, a historia do acontecido.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir