Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

E se falamos de sexo? a Cadena SER organiza unha nova edición de 'Con voz de muller'

A sexualidade será o tema sobre o que xirará un evento que contará, entre outras, con Cristina Hernández e Carolina Iglesias

Chega a Lugo unha nova edición de Con Voz de Muller

Chega a Lugo unha nova edición de Con Voz de Muller

Lugo

O vindeiro venres 24 de outubro, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Deputación de Lugo acolle unha nova edición de “Con Voz de Muller”. Un encontro promovido pola Cadena SER co apoio da Deputación de Lugo, que busca abrir espazos de diálogo sobre a sexualidade feminina, a educación afectivo-sexual e os silencios que aínda persisten.

Baixo o provocador lema “Eres muller e falar de sexo incomódate?”, o evento convida a reflexionar sobre todo aquilo que non nos contaron, nun ambiente seguro, inspirador e transformador.

Mulleres referentes compartirán saberes, experiencias e humor para romper estigmas e reivindicar o dereito a falar do corpo, do pracer e da liberdade.

Entre as participantes destacan Cristina Hernández, directora do Instituto das Mulleres do Goberno de España; a humorista e comunicadora Carolina Iglesias, coñecida pola súa voz crítica e feminista; a sexóloga Estefanía Fernández; e a educadora social Marta Paz, entre outras voces que completan un cartel diverso e comprometido.

A artista Catuxa Salom será a encargada de poñer a nota musical a unha gala dirixida pola xornalista desta casa Sara Meijide.

“Con Voz de Muller” é moito máis ca unha charla: é un espazo de encontro por e para mulleres que inspiran e transforman, e reafirma o compromiso de Radio Lugo Cadena SER coa igualdade, a cultura e a visibilidade feminina. A emisora líder en Lugo consolida así o seu papel como altavoz do talento, da inspiración e do futuro en feminino.

A entrada é de balde, descarga a túa invitación premendo aquí.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir