Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

“Queremos entrar no 2026 co orzamento aprobado, negociaremos cos diferentes grupos”

Luis Insua abordou a actualidade municipal no espazo Pleno Aberto de Radio Nordés

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Pleno Aberto con Luis Insua (22/10/2025)

00:00:0040:21
Descargar

Dous meses despois da chegada á alcaldía, Luis Inusa pasou polos estudos de Radio Nordés para participar no Pleno Aberto, o rexedor insistiu na importancia de ter contas municipais e asegurou que centrará o seu esforzo en novembro para ter o orzamento listo antes de que remate o ano.

Insua explicou a situación da praza de arquitecto municipal que en breve será adxudicada de maneira interina, mentres optaron pola contratación temporal dun profesional externo para evitar a paralización desta área municipal.

O alcalde, que chegou ao goberno grazas ao pacto co tránsfuga Tito Martínez, asegura que non publicar os puntos do pacto non indica falta de transparencia e asegurou que se os grupos queren coñecer o acordo co que lograron o voto do ex concelleiro de Alternativa, “só teñen que pedilo”.

O popular explicou as obras que están en marcha ou a piques de comezar e acusou ao anterior goberno de perder oito subvencións. Entre os proxectos nos que traballan xunto outras administracións están lograr a cesión do faro, o cambio de lugar da para de buses ou o novo centro de saúde. Tamén estudan modificacións na peonalización da rúa Real.

O sector turístico é un dos que máis medran no concello fisterrá, pero tamén xera unha serie de problemas nos servizos municipais, o alcalde amosase favorable a estudar a posibilidade de establecer unha taxa turística, a mancomunar máis servizos ou que administracións como a Xunta ou a deputación teñan liñas de axuda para axudar aos concellos máis turísticos.

Respecto ao sector do mar, dende o goberno local están traballando para lograr un novo pantalán no porto.

En resposta aos oíntes, o rexedor dixo non dispoñer neste momento de ningún plan para vivenda pública, comprometeuse a mellorar o estado das pistas e camiños municipais e reformar o polideportivo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir