Antón Losada, sobre as rebaixas fiscais de Rueda: "Falan de aforrar, pero cantos médicos ou profesores poderían contratarse?"
O politólogo reflexiona en La Ventana de Galicia sobre a renuncia da Xunta a recadar 800 millóns de euros nos Orzamentos de 2026

Antón Losada, sobre as rebaixas fiscais de Rueda: "Habería que preguntarse se agardar un ano pola dependencia é aforrar"
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Santiago de Compostela
O politólogo Antón Losada centra o seu comentario deste xoves en La Ventana de Galicia sobre os orzamentos da Xunta para o ano que ven, con novas rebaixas fiscais que o Goberno galego vende como "aforro" para os galegos e que supoñen a renuncia a 800 millóns de euros que poderían adicarse, entre outras cuestións, a mellora dos servizos públicos.
Losada considera que os 800 millóns "son unha cifra impactante" e nega que vaian ser cartos que queden nos petos dos galegos, senón que "qudan máis cartos nos petos dos que xa teñen máis cartos".
"Falan de aforrar, pero cantos médicos se poderían contratar, e radiólogos, e profesores, ou na dependencia, sen ter que esperar un ano"?, pregunta o politólogo.




