Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Asociación Astroturismo Costa da Morte participa no Encontro Internacional Starlight en Soria

A entidade promove o potencial da Costa da Morte como destino Starlight e reforza o seu compromiso co turismo sostible e a divulgación científica

A Asociación Astroturismo Costa da Morte participa esta semana no VIII Encontro Internacional Starlight, que se celebra en Soria e que é un dos foros de referencia mundial no ámbito do turismo astronómico e da protección dos ceos escuros.

A entidade está representada pola súa presidenta, Yolanda Díaz, a vicepresidenta, Nieves Lema, e os Monitores Starlight Costa da Morte Charo Couto, Bego Brao e Antón Pazos. O obxectivo da súa participación é dar a coñecer o potencial da Costa da Morte como destino Starlight e compartir experiencias con outras iniciativas que promoven un turismo sostible, responsable e de calidade vinculado ao patrimonio natural e cultural.

No encontro contaron co apoio da vicepresidenta da CMAT, Margarita Lamela, e a directora de Promoción de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pita, reforzando a representación galega e o apoio institucional ao proxecto Destino Costa da Morte Starlight.

Durante o congreso, a delegación galega participou nas ponencias formativas dedicadas ao Eclipse de 2026, un dos eventos astronómicos máis esperados da década e que situará Galicia como un dos mellores lugares do mundo para a súa observación. A intervención da asociación centrouse en destacar a importancia da planificación, da sensibilización social e da colaboración entre territorios para aproveitar este acontecemento como motor de desenvolvemento local e de divulgación científica.

Dende Astroturismo Costa da Morte salientan o seu compromiso coa divulgación científica, o respecto pola natureza e o impulso dun turismo responsable e transformador, consolidando o papel da Costa da Morte como referente no ámbito do astroturismo galego.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir