Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Día grande dos Premios Fouciño en Baio

O festival de curtametraxes e música en galego remata coa proxección das pezas a concurso e actuacións musicais

Baio prepárase para vivir este sábado 25 de outubro o día grande dos V Premios Fouciño, que chegan cunha programación dedicada ao cinema galego e á música en galego. O festival empezou o xoves 23 coa proxección da curtametraxe Pura, de Carmen Méndez, gañadora dos Mestre Mateo 2025, seguida dun coloquio coa directora.

Onte venres, a mañá estivo adicada ao estudantado, mentres que pola tarde proxectáronse catro curtametraxes que conectan no concepto de diversidade: Delincuente (Alba Domínguez e Nuria Vil), O Coidado (Miguel Canalejo), Abellón (Fon Cortizo) e La casa de la abuela (Ashling Ocampo). A xornada do venres rematou cun concerto de Sofi Peries, un concurso de karaoke cinéfilo e as actuacións de Ramón Carballo e DJ Tristón.

Hoxe, as miradas centraranse na proxección das curtas presentadas a concurso e na entrega de premios. Na Categoría Xeral competirán: Luján Monteiro e Alba López con A pena das troiteiras; Cristóbal Añón Blanco con Somnia; Mateo Bouzada con Santa Compaña; Iago Lourido con Solposto; Antía Carreira con Pupa; e Sandra Ramilo, que estreará internacionalmente a súa peza Maltrix.

Na categoría escolar participarán centros como o IES Valadares (Vigo) con Un can galego, o CEIP Plurilingüe San Vicenzo (Vimianzo) con Coas mans baleiras ou o IES Maximino Romero de Lema (Baio) con Párao, actúa!, entre outros.

A tarde completarase coa proxección do obradoiro infantil de cinema, da peza Un peixe é un peixe é un peixe (Marilar Alexandre e Alberto Pombo) e un adianto de A costa e os castelos (Alejandro Gándara).

A gran festa final contará cun showcase de Xian Pais e as actuacións de Antía Muíño, Ulex, 9Louro e Tonita, promovendo a música en galego e novos talentos.

Os Premios Fouciño, organizados pola A.C. Premios Fouciño, coorganizados polo Concello de Zas e coa colaboración da Deputación da Coruña, teñen como obxectivo dinamizar a Costa da Morte, loitar contra o illamento cultural e consolidarse como un referente do cinema galego nun concello rural.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir