'Vigo, cidade e deporte': a Cadena SER organiza unha nova edición do foro Conversa
O foro celebrase este mércores 29 de outubro e analizará os mecanismos que teñen as administracións para impulsar estilos de vida máis saudables

Santiago de Compostela
A Cadena SER organiza unha nova edición do Foro Conversa, nesta ocasión, para falar de estilos de vida saudables, e de cómo cidades como Vigo poden impulsar medidas para fomentar a práctica de deporte entre a súa veciñanza.
A xornada terá lugar o mércores 29 de outubro no hotel NH Collection, e estará moderada polo director de Contenidos da Cadena SER en Galicia, Ricardo Rodríguez.
¿Estamos máis concienciados que antes? ¿Camiña a sociedade cara a un estilo de vida máis saudable? Nun momento no que medra a porcentaxe de poboación que sofre enfermidades mentais, nunha sociedade, en moitas ocasións, estresada, e bó pararse a reflexionar e pensar qué facemos a nivel individual, e tamén cómo as administracións poden poñer en marcha medidas para facilitar que os cidadáns teñan un estilo de vida máis saudable.
Un asunto do que falaremos coa directora da Cátedra de Estilo de Vida Saudable da USC, Mónica Pérez Ríos. Con ela introduciremos a primeira mesa de análise na que xunto á concelleira de Urbanismo, María José Caride e o colexio de arquitectos, falaremos de cómo se constrúe unha cidade máis confortable, máis saudable.
Nunha segunda mesa falaremos de Vigo como destino turístico deportivo, co fundador e director do festival 'O Marisquiño', Carlos Domínguez 'Piti', e os tenentes de alcalde de Vigo, Carmela Silva e Javier Pardo. Con eles falaremos tamén das opcións de Vigo para converterse en sede do Mundial 2030.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, clausurará a xornada que se poderá seguir por streaming a través da web de SER Galicia.




