Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A ludoteca de Moaña mergúllase no Samaín cunha chea de actividades terroríficas

Consulta aquí a programación especial para esta semana

Ludoteca Municipal de Moaña / Google maps

Ludoteca Municipal de Moaña

A Ludoteca Municipal de Moaña vén de presentar a súa programación especial de Samaín, que se estenderá durante toda a semana do 27 ao 31 de outubro, ofrecendo unha multitude de obradoiros e xogos para celebrar esta festividade de orixe celta.

O Samaín, que se celebra na noite do 31 de outubro e marca o fin do verán e das colleitas, é unha tradición milenaria que na actualidade se conmemora con disfraces, merendas e actividades lúdicas. A Ludoteca acolle esta tradición adaptándoa para os máis pequenos.

Un calendario de medo e moita diversión

A semana de celebración xa comezou este luns 27 coa actividade "Furancho Boo!", centrada na decoración temática de Samaín. O martes 28 será a quenda do "Circo Tenebroso", unha sesión de circo cun toque terrorífico. O mércores 29 os participantes poderán construír un "Morcego Móbil" nun obradoiro creativo, e o xoves 30 as mans dos nenos e nenas darán forma a unha "Bruxa Portapapeis" noutro obradoiro.

O día grande, o venres 31 de outubro, a Ludoteca cambiará o seu horario habitual, abrindo as súas portas de 09:00 a 14:00 horas para acoller o "Samaín Lunch!". Esta xornada incluirá xogos, obradoiros e unha merenda colectiva. Convídase ás crianzas a vir disfrazadas e a traer algunha galleta ou similar para compartir no pequeno "lunch" de celebración.

Información práctica para as familias

As actividades están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos. O horario habitual de apertura da Ludoteca é de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas. Os luns, ademais, o centro abre de 10:00 a 13:00 para atención ao público e xestión de solicitudes.

Para asistir ás actividades da Ludoteca é imprescindible cubrir os impresos de solicitude no propio centro. Existe flexibilidade na asistencia, xa que os usuarios poden gozar de dez horas á semana repartidas como desexen, sempre en horas completas.

As familias interesadas en coñecer as tarifas e formalizar a inscrición poden dirixirse ás instalacións da Ludoteca ou chamar ao teléfono 986.31.50.38 en horario de tarde para obter máis información.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir