Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Hematofesti volve transformar Vigo na capital do humor na súa II edición

A programación vén cargada de actividades, con Ignatius Farray e Héctor de Miguel entre moitos outros convidados

Hematofesti 2025

Hematofesti 2025

O Hematofesti regresa a Vigo para a súa segunda edición, que terá lugar do 4 ao 8 de novembro. A cidade acollerá cinco días intensos de obradoiros, exposicións, presentacións de libros, humor e espectáculos, confirmándose un ano máis como un punto de encontro clave para a cultura galega.

A directora do festival, Ledicia Costas, presentou un programa ambicioso que mestura figuras consolidadas do panorama cultural e do humor.

O Humor, eixe central

O humorista canario Ignatius Farray será un dos nomes destacados, liderando a residencia de comedia "Queremos Humor!", que incluirá talleres para residentes e culminará nun Comedy Club o venres 7 de novembro no Vitruvia Club.

Cartel Hematofesti

Cartel Hematofesti

Cartel Hematofesti

Cartel Hematofesti

Ademais, o enxeño terá a súa gala central na Hematogala, presentada por Touriñán e María Lado, que reunirá en escena a nomes como o propio Ignatius Farray, Grande Amore, Noel Ceballos, e Sobria y Serena, no Auditorio Mar de Vigo o xoves 6 de novembro. O xoves tamén se gravará en directo o podcast "Hora Veintinpico" da Cadena Ser con Héctor de Miguel no Auditorio Municipal.

A xornada final, o sábado 8, rematará cunha Hematofesta no Vitruvia Club, co concerto de Petróleo, banda de Ignatius Farray, e DJ Xabi B.

Literatura, ilustración e cine de animación

A faceta literaria e infantil do festival inclúe:

Exposición 'O Bosque dos Contos': Unha mostra de Hematocrítico ilustrado por Alberto Vázquez, que estará aberta na Sede da Deputación Provincial de Pontevedra do martes ao sábado.

A Ilusión do Movemento: Un ciclo de curtametraxes de animación, dinamizado por María Lado, que se proxectará nas escolas durante toda a semana.

Obradoiros e Contacontos: Haberá multitude de actividades con reserva de praza, como a sesión de contos con David Rodríguez , os talleres de fanzines "Son Fan" con Diego Estebo , e obradoiros de ilustración con Bea Gregores e Victor Mascato.

Día da Literatura Infantil e Xuvenil: O sábado 8 de novembro terá lugar unha xornada completa con conversas sobre o álbum ilustrado e a súa edición, con participación de Juan Senis, editoriais como Planeta Tangerina e autores como Susanna Isern. A xornada culminará coa entrega do II Premio de Álbum Ilustrado Humor con H.

Eventos especiais e conversas

O festival abrirá as súas portas cun concerto-proxección de Caspervek no Auditorio Municipal, coa proxección de "As aventuras do Príncipe Achmed" , e a apertura oficial co alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Destaca a xornada sobre "Economía e Cultura: O Binomio Fantástico" no Auditorio da Zona Franca, que incluirá conversas de alto nivel:

O mércores 5: Luz Casal e Ledicia Costas conversarán arredor da acción cultural como ferramenta económica e social.

O venres 7: Mesa redonda con empresarios de diversos sectores (Bodegas Martín Códax, VIALIA) , e un debate sobre "Vivir da cultura" con Ledicia Costas, Yolanda Castaño e Lucía Aldao.

A programación complétase coa entrega do "Premio Lenda do Recreo" a Teresa Rabal e a presenza do Espazo Gaming Nintendo en Vialia.

Con sedes repartidas por toda a cidade, como o MARCO, Libraría A Klandestina, Vitruvia Club e o Auditorio Mar de Vigo , o Hematofesti promete unha semana de risas e lecturas para todos os públicos.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir