Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

XEAL inicia as obras da Planta de Carbón Vexetal tras recibir a autorización de la Xunta

O proxecto, cun investimento superior aos 25 millóns de euros, reducirá ata un 40% o uso de carbón fósil e 50.000 toneladas anuais de emisións contaminantes

A Xunta vén de aprobar o inicio das obras da Planta de Carbón Vexetal de XEAL en Dumbría, despois de declarar o proxecto como proxecto industrial estratéxico.

A nova instalación permitirá substituír entre o 15% e o 40% do carbón fósil empregado como axente reductor por carbón vexetal, o que suporá unha redución significativa das emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI).

Con un investimento total que supera os 25 millóns de euros, dos cales 8,7 millóns proceden do PERTE de Descarbonización, a planta terá capacidade para producir entre 11.000 e 14.000 toneladas anuais de carbón vexetal. A súa posta en marcha está prevista para xuño de 2026.

Segundo os cálculos da compañía, esta substitución permitirá reducir ata 50.000 toneladas de CO₂ ao ano, o que se traduce nun aforro estimado de 1,9 millóns de euros en custos sociais asociados á contaminación.

A CEO de XEAL, María Couto, destacou que “o inicio das obras da Planta de Carbón Vexetal representa un fito clave na nosa folla de ruta cara a unha industria máis sostible”, e agradeceu á Xunta de Galicia “a súa predisposición e visión compartida sobre o carácter estratéxico deste proxecto para a comarca e para Galicia”.

Este investimento en Dumbría súmase ao proxecto de produción de ferrosilicocromo na planta de Cee. Esta nova liña, que supón a primeira diversificación de produto en máis de 120 anos de historia, permitirá acadar unha capacidade anual de 25.000 toneladas e reforzar a competitividade da empresa en mercados internacionais.

Nesta liña de actuación XEAL inclúe tamén o proxecto da a central hidráulica reversible de Monte da Ruña, co que busca consolídase como un referente galego na transición enerxética e na innovación industrial.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir