Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Avanzan as obras da N-525 en Xinzo

O subdelegado do Goberno supervisa o estado dos traballos

Cartel do proxecto de humanización da N-525

Cartel do proxecto de humanización da N-525

O alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, recibiu este mércores ao subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, para comprobar o avance das obras de humanización da N-525 ao seu paso pola vila. Na visita, na que tamén participaron membros da Corporación municipal, prestouse especial atención á contorna dos institutos, un dos primeiros tramos en execución e de maior impacto para a mobilidade diaria.

A intervención transforma a travesía nas avenidas de Ourense e Madrid con beirarrúas máis anchas, itinerarios peonís e ciclistas, mellora de interseccións con pasos seguros e novas rotondas, renovación e soterramento de servizos, novo alumeado e zonas verdes. O contrato conta cun prazo de 12 meses e un investimento superior a 4 millóns de euros, financiado polo Ministerio de Transportes con fondos NextGenerationEU.

O alcalde Amador Díaz sinalou que “a obra estase a executar en coordinación permanente co Concello, por tramos e con seguimento diario, para compatibilizar os traballos coa vida da vila. O ritmo é alto e o obxectivo é claro: cumprir prazos e rematar en tempo unha travesía máis segura e centrada nas persoas”.

Pola súa banda, o subdelegado Eladio Santos subliñou que esta actuación “suporá unha transformación para Xinzo”.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir