Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Baiona prepárase para un Samaín cheo de maxia e tradición galega

A carpa municipal acollerá a festa o venres 31 de outubro e o luns 3 de novembro

Festa de Bai Samaín en Baiona

Festa de Bai Samaín en Baiona

O Concello de Baiona vén de anunciar o programa especial para celebrar o BAI SAMAÍN con dúas xornadas de actividades gratuítas pensadas para toda a familia.

A carpa municipal acollerá a festa o venres 31 de outubro e o luns 3 de novembro, aproveitando que os máis pequenos non terán clases este último día.

Unha homenaxe á tradición galega

A iniciativa busca ofrecer unha alternativa de lecer familiar e, sobre todo, manter viva a tradición do Samaín. O Samaín marca historicamente o final da colleita e o comezo do inverno, creéndose antigamente que a porta entre o mundo dos vivos e os espíritos se abría.

Por iso, iluminábanse as casas con caveiras de nabos ou cabazas para escorrentar os malos espíritos, un costume que hoxe perdura combinando misterio, lenda e diversión.

Programa de actividades para pasalo de medo

O venres 31 de outubro a carpa do concello transformarase nun espazo de terror e diversión a partir das 17:00 h con:

  • Photocalls terroríficos para inmortalizar a noite
  • Animación musical e pintacaras
  • Un Laboratorio de bebidas e xogos para todas as idades
  • Moitas sorpresas para gozar en familia

O luns 3 de novembro estará dedicado aos obradoiros, con horario de mañá e tarde na carpa da Praza do Concello:

  • 11:00 – 14:00 h: Obradoiro de feltro máxico
  • 17:00 h: Obradoiro de cociña terrorífica

Lecer saudable e familiar

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, subliñou que "esta programación busca ofrecer opcións de lecer saudable e en familia, mantendo vivas as nosas tradicións e creando momentos para compartir na nosa vila. O Samaín é unha festa que une cultura, historia e diversión, e Baiona vívea cada ano con máis ilusión."

Pola súa banda, a concelleira de Festexos, Xuventude e Medio Ambiente, Ruth Álvarez González, destacou o esforzo na preparación: "Preparamos estas actividades con moito agarimo para que os máis pequenos sexan protagonistas. Queremos un Samaín participativo, divertido e aberto a toda a veciñanza. A carpa municipal converterase nun lugar cheo de maxia, risas e algún que outro susto simpático."

Desta forma, Baiona convida a veciños e visitantes a gozar dunha das festas máis senlleiras do outono galego nun ambiente festivo e acolledor.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir