Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Hoteleiros de Fisterra reclaman máis controis ás vivendas de uso turístico

Denuncian discriminación nas esixencias legais, que se incremente a vixilancia ás vivendas ilegais e que se controle a concesión de licenzas

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Tertulia sobre VUT (29/10/2025)

00:00:0043:55
Descargar

O incremento do número de vivendas de uso turístico é imparable en localidades coma Fisterra, este concello conta con 481 destes pisos o que supón unhas 2.300 camas. Un número moi elevado, segundo o sector hoteleiro.

Este mércores pasaron por radio Nordés tres propietarios de hoteis para denunciar a situación na que se atopan. Ángel rivas, Eloy Boullosa e César do Cabo aseguran non sentirse representados polas asociacións hoteleiras locais e comarcais ante a avalancha de pisos turísticos que está causando un importante dano ao seus establecementos.

Entre as críticas feitas á situación actual, destacan a discriminación relativa a taxas, controis sanitarios ou de emprego entre outros, unhas esixencias que supoñen un gasto importante e que para as vivendas turísticas son moito máis laxas, o que permite ofertar prezos máis baixos.

Outro dos puntos que máis preocupa está relacionado coa obtención de permisos e licenzas para iniciar a actividade e poder anunciarse en portais dixitais. Segundo contan os hostaleiros, os controis son moi poucos o que facilita a picaresca e que pisos que non cumpren a lei poden estar traballando con total impunidade. En Fisterra existe unha normativa para a vivenda turística, só poderán destinarse a este usos os baixos e os primeiros andares, edificios completos ou pisos superiores se teñen acceso independente, normas que non están cumpríndose.

Para os denunciantes o turismo que atraen os pisos turísticos é de menos calidade que o que utiliza hoteis e recordan que neste momento na localidade do Cristo non se poden abrir novos hoteis debido ao elevado número de prazas hoteleiras, mentres seguen abríndose vivendas de usos turístico, “unha contradición” aseguran.

Os hoteleiros recordaron que cos datos na man Fisterra tería que ser declarado zona tensionada. A situación actual fai case imposible atopar vivenda para residir no concello.

Na conversa tamén participou Rafael Serrano, vicepresidente de AVITURGA, Asociación de vivendas turísticas de Galicia, quen comprende a preocupación dos donos dos hoteis, asegurou que dende a entidade tamén loitan contra as vivendas irregulares, defendendo a legalidade das vivendas que se ofertan, comprendeu que o número de vivendas turísticas de Fisterra pode ser excesivo e recordou que en breve empezará a aplicarse a nova normativa estatal o que dificultará moito que se ofrezan nas plataformas dixitais pisos sen que estean completamente legalizados.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir