Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A banda galega Tiruleque lanza novo disco que presentará na Coruña o 9 de novembro

O disco é unha homenaxe ao local A Repichoca

Fatima Seijo Fotografia

A Coruña

A banda galega Tiruleque lanza o seu quinto disco de estudo, 'Repichoca', co que busca volver ás orixes do grupo e homenaxea ao local coruñés homónimo desaparecido en 2021 no que comezaron a súa carreira.

A presentación do disco será o 9 de novembro (20,30 horas) no Teatro Colón, no marco da segunda edición do ciclo Folk non Colón, impulsado polo Concello da Coruña.

Este novo traballo chega tras os seus anteriores discos nunha carreira de máis de 20 anos: 'Tiruleque' (2009); 'Mu!!' (2013); 'Outro que tal baila' (2018) e 'Tiruleque 20 anos non camiño' (2021).

O novo disco está conformado por unha decena de cancións. Lembra o histórico local Repichoca, que durante preto de dúas décadas en Orillamar actuou como "catalizador, canteira e escaparate para a escena da música galega da cidade herculina", explica a banda nun comunicado. Un lugar de 'foliadas' urbanas e modernas.

O disco "é unha chamada á festa, ao encontro e á memoria". Destacan a forza de voces femininas, a música de gaita coa potencia do metal, nunha mestura de percusión tradicional e moderna.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir