Antón Losada ironiza co balance de incendios da Xunta: "Se o ano que ven arden 140.000 hectáreas, será un exitazo"
O politólogo opina en La Ventana de Galicia sobre a comparecencia de María José Gómez no Parlamento

Antón Losada ironiza co balance de incendios da Xunta: "Se o ano que ven arden 140.000 hectáreas, será un exitazo"
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Santiago de Compostela
A comparecencia de María José Gómez no Parlamento de Galicia esta semana para dar conta das novedades do Pladiga e facer balance do peor ano na historia da comunidade en materia de incendios, non pasou inadvertido para Antón Losada.
O politólogo, no seu comentario dos xoves en La Ventana de Galicia, Losada ironizou co balance triunfalista da conselleira: "Se este ano arderon 120.000 hectáreas e foi un éxito, se o ano que ven arden 140.000 será un exitazo".
Tamén lembrou as criticas da Xunta ao goberno central durante o peor da vaga de lumes por non enviar medios, e puxo o foco no despedimento de bombeiros nestes meses.




