Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Zas acollerá o I Training Camp da Filloa como antesala do IX Trail da Filloa 2026

Desenvolverase os días 29 e 30 de novembro con 30 prazas dispoñibles e está dirixido tanto a afeccionados como a corredores experimentados

O Concello de Zas e a Asociación Monte Brondo presentaron o IX Trail da Filloa, que se celebrará o 1 de febreiro de 2026, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario galego de trail e andainas. No acto de presentación, o alcalde Manuel Muíño salientou que este evento “é un referente en Galicia, tanto pola participación como polo seu valor gastronómico e patrimonial”. Nesta novena edición, o pavillón municipal de Zas volverá ser o punto de chegada das cinco probas previstas —trail longo, curto e traíliño, ademais das dúas andainas—, nas que non faltarán as tradicionais filloas á pedra e o caldo para recuperar forzas.

As distancias oscilarán entre os 12 e os 24 quilómetros, con percorridos renovados que incluirán zonas de aquaplanning e ascensos ao Monte Brondo e ao Pico de Meda. As andainas discorrerán en boa parte pola Ruta da Auga, un itinerario que combina deporte e posta en valor do patrimonio natural do municipio. Todas as saídas serán ás 09:00 horas e as inscricións xa están abertas na plataforma empat.com, cun número limitado de prazas para garantir a seguridade das e dos participantes.

I Training Camp da Filloa

Como novidade, a organización presenta o I Training Camp da Filloa, unha actividade complementaria que se desenvolverá os días 29 e 30 de novembro con 30 prazas dispoñibles. Dirixido tanto a afeccionados como a corredores experimentados, o campamento incluirá dúas saídas guiadas polos adestradores Rubén Ínsua e Moncho Muíños, así como charlas sobre nutrición, podoloxía, fisioterapia e preparación física. Ademais, os corredores locais José Manuel Santos e José Antonio Rodríguez, finishers do Tor des Geants 330, compartirán a súa experiencia. Haberá dúas modalidades de inscrición: unha completa de 45 euros, con actividades e comidas incluídas, e outra de 10 euros, para quen só desexe asistir ás charlas do sábado. As persoas interesadas poden reservar a súa praza a través do WhatsApp no 677 11 54 11.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir