Francisco Abuín, sepultureiro do cemiterio de Santo Amaro: “Nestos sitios observas como en ningún outro os sentimentos e as mostras de amor”
Natural de Ribadavia, leva 16 anos exercendo en Pontevedra, no que considera un cemiterio “ilustrado”

O vermú con SER deste domingo foi adicado á figura e o labor de Francisco Abuín, sepulteiro dende hace 16 anos do cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra. Na conversa con él, Abuín fala das diferenzas entre o oficio de sepulturerio e o de enterrador, baseado en que, no seu caso, ten a obriga de custodiar os restos e deixar un rexistro dos falecidos, algo que ten informatizado dende o ano 2012.
A maiores, Francisco Abuín é un libro aberto á hora de falar da historia do cemiterio de Pontevedra. Na entrevista conta detalles como que o cemiterio principal da Boa Vila estaba nun primeiro momento ubicado na rúa Benito Corbal, que no ano 1879 foi trasladado á actual ubicación e que foi un cambio que non gustou moito aos pontevedreses da época.
A súa vez, Abuín fala dos persoeiros importantes para a cidade e comarca que descansan no cemiterio de Santo Amaro, como Andrés Muruais, Peinador, Riestra ou Indalecio Armesto, ademáis dos múltiples estilos arquitectónicos que podemos atopar no camposanto.
Tanto é así que Francisco Abuín está preparando un libro sobre a historia de Santo Amaro que verá a luz a finais do presente ano.
Con todo, un dos puntos máis entrañables da entrevista ten lugar cando o sepultureiro fala dos sentimentos que florecen e que se ven no cemiterio. “É o lugar onde se ven máis mostras de amor, vai da man da espiritualidade, que non da relixión, que é outra cousa”.
Diego Rodríguez Rosales
Graduado en Periodismo por la Universidad de Valladolid. Estudió un máster en periodismo deportivo a...




