Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Unanimidade no pleno de Mazaricos esixindo melloras urxentes na rede eléctrica, internet e televisión ante os continuos cortes

Os tres grupos municipais aproban por unanimidade unha moción que reclama máis mantemento, compensacións económicas e actuacións das administracións

O Concello de Mazaricos aprobou por unanimidade unha moción para esixir melloras inmediatas nas redes de distribución eléctrica, de internet e de televisión, tras meses de cortes constantes que afectaron de maneira xeneralizada á veciñanza. A iniciativa contou co apoio dos tres grupos municipais con representación –BNG, Partido Popular e Espazo Común– nun pleno celebrado este venres 14. O texto recolle a preocupación cidadá ante unha situación que o consistorio cualifica xa de “intolerable”.

A moción subliña que estes cortes recorrentes non só alteran o día a día dos fogares, senón que tamén prexudican directamente ao tecido económico local. Negocios de proximidade, explotacións gandeiras –motor fundamental da economía mazaricana– e persoas que dependen do teletraballo ven interrompida a súa actividade con frecuencia. Ademais, o documento lembra que a poboación envellecida depende dunha conexión estable para manter o contacto coa familia e acceder a servizos básicos.

O acordo inclúe cinco medidas concretas: instar ás compañías a realizar un mantemento adecuado das liñas e renovar instalacións obsoletas; esixir reducións nas facturas polos períodos sen servizo; reclamar á Consellería de Industria que obrigue ás empresas a cumprir coas súas responsabilidades, con sancións de ser necesario; solicitar á Deputación da Coruña partidas específicas para concellos de menos de 10.000 habitantes; e enviar o acordo ás operadoras, á Xunta e á FEGAMP. Os tres portavoces municipais destacaron a unidade política para defender os intereses de Mazaricos. “Hoxe demostramos que, por riba de siglas, está o benestar dos nosos veciños e veciñas”, concluíu o alcalde.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir