Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Denuncian o atraso na posta en marcha do hospital de día oncohematolóxico de Cee

O BNG demanda o reforzo de servizos médicos e novas especialidades no hospital público da Costa da Morte

O BNG volve poñer o foco sobre as carencias do hospital comarcal Virxe da Xunqueira, en Cee, e denuncia que o hospital de día oncohematolóxico, previsto para comezar a funcionar en setembro, continúa sen estar operativo ao cen por cento. O deputado nacionalista Óscar Insua anunciou que levará este xoves ao Parlamento galego unha proposición non de lei para instar á Xunta a poñer en marcha, con todos os servizos previstos, a unidade de oncohematoloxía do centro. O asunto tratarase na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego.

Xunto a esta reclamación, o BNG tamén presentou varias iniciativas para mellorar a atención sanitaria na Costa da Morte, pedindo o reforzo de distintos servizos médicos e a creación de novas especialidades no hospital público. A formación solicita incorporar unha nova praza de psiquiatría para reducir listas de espera, recuperar o servizo de hospitalización a domicilio con dúas unidades operativas e crear un servizo completo de cardioloxía que funcione as 24 horas do día e durante todo o ano. Ademais, propón ampliar o servizo de diálise cunha quenda adicional para evitar desprazamentos de pacientes a A Coruña e estender o funcionamento da sala de reanimación (REA) á noite, o que permitiría realizar cirurxías sen necesidade de trasladar doentes a outros centros.

Insua sostén que estes cambios son necesarios para garantir unha atención sanitaria “en igualdade de condicións co resto da cidadanía galega”. Tamén demanda a posta en marcha de novas especialidades como neuroloxía, logopedia e terapia ocupacional, co obxectivo de mellorar a recuperación e autonomía dos pacientes sen depender de servizos privados. Segundo o BNG, ampliar e consolidar os servizos do hospital significa aumentar os dereitos da veciñanza e frear a tendencia a externalizar ou privatizar prestacións públicas cada vez que se producen carencias ou fallos no sistema.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir